Á venda a estrea de Rústica

A novidade máis rechamante no eido folk do país neste 2015 vai tomando corpo. Desde onte, 10 de febreiro, está xa á venda o disco de estrea de Rústica. Anxo Pintos, Davide Salvado, Cristina Pato e Roberto Comesaña únense neste proxecto singular. Catro grandes personalidades da música galega que presentan un disco moi especial, da man de Fol Música, co que pretenden mostrar o seu amor inquebrantable polo patrimonio cultural do noso país.

En palabras dos propios integrantes, Rustica é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos. É unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural do país, á amizade e á emoción.

Cancións antigas cantadas con gran profundidade e sentimento cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días cun toque máxico dos encantos e os misterios de antano.

Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz, son os instrumentos sobre os que foron crecendo as cancións de RÚSTICA

Explícancho eles propios

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto