Roberto Sobrado traballa no seu quinto disco

Roberto Sobrado e a súa banda preparan o quinto disco na andaina do músico e mais unha presentación moi especial do traballo, acompañados dos Resentidos o 11 de xuño no Salón Teatro compostelán. Campaña de crowfounding aberta e algunha novidade deste Atlas de Anatomía xa na rede. Entérate de todo neste artigo!

Neste 2015, Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo cancións. E que mellor maneira de celebralo que presentando un novo disco, o quinto xa. E facelo ademais nunha compañía de luxo, o mítico grupo Os Resentidos.

Será unha presentación especial na que, ademais de dar a coñecer os temas do novo disco, renderán unha pequena homenaxe a esta mítica formación viguesa dos 80. Para iso, contarán cunha banda reforzada con algúns dos membros da última formación dos Resentidos: Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno, e con colaboracións estelares de Antón Reixa, Javier Soto, Anxo Graña, Piti Sanz ou Xabier Camba.

Outros convidados asegurados serán Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona nun concerto que se celebrará o 11 de xuño no Salón Teatro de Compostela.

Para o evento, acabamos de poñer en marcha unha campaña de crowdfundig coa que se financiarán os salarios dos músicos, técnicos e director musical, a produción audiovisual e a montaxe do vídeo, a promoción do evento, a organización da xira de verán e, se queda excedente, as copias do novo disco.

Aquí un dos temas do novo disco, interpretado por toda a banda ao vivo no Tourilandia da TVG. Na web do Verkami de Sobrado podes ver outros vídeos de adianto do Atlas de Anatomía.

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto