Carapaus presenta o vindeiro 16 de maio o seu novo álbum Déixao andar...

Déixao Andar é o segundo traballo discográfico deste grupo de música tradicional compostelán, e sairá á venda o día da súa presentación, o 16 de maio, na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Entrada de balde para ollar unha das bandas tradicionais que máis sorprendeu nos últimos tempos. E seguirá a facelo, pois promete máis sorpresas xa o día da presentación deste novo disco, gravado no estudio A Ponte de Tomás Ageitos.

Déixao  andar… é  o  título  do  segundo  álbum do  grupo  de  música  tradicional  Carapaus,  que  se presentará o vindeiro 16 de maio, na sala Capitol de Santiago de Compostela, gravado no estudio A Ponte (Roxos, Santiago de Compostela), entre os meses de xaneiro e febreiro do 2015.

Déixao andar… tenta amosar a riqueza da música tradicional galega ao longo de 13 temas, entre os que se achan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, cabo de pezas de composición asinadas por Emilio Lois. Sons tradicionais que reproducen coplas populares e outras que falan dos problemas do noso tempo,  tecidas por  Sabela Galbán e Gustavo Couto. Destaca, coma no primeiro disco,  Conservas de música tradicional (2010), a sonoridade da gaita, no entanto, este álbum conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira (voz e tambor en Tanto nos Ten), e o gaiteiro Luis 'O Caruncho'. A cantautora María Xosé Silvar 'Sés', é autora da letra e da melodía do Canto de Baltasar.

O concerto de presentación, de balde, contará con algunha sorpresa, será o sábado 16 de maio,  ás 22.00 h., na Sala Capitol de Santiago, a apertura de portas ás 21.30 h.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto