The Homens volven para un único concerto na Capitol

O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde a súa marcha dos escenarios hai catro anos. A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers. As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda. Ademais, aínda estás a tempo de participar na escolla do repertorio que a banda vai tocar no concerto. Dálle ao link que hai no interior do artigo e fai a túa contribución. Ti pica e eles tocan!!

Esta é a primeira reunión de The Homens desde que en 2011 decidiran suspender por tempo indefinido a súa carreira. Para a ocasión, o grupo repasará cancións dos dous EPs (#1, do 2005; e #2, do 2006) e dos dous discos longos (Tres, do 2007 e Cuarta potencia, do 2009) que publicaron. Soarán tamén temas das súas contribucións a discos colectivos e de homenaxe.

O público pode axudar á banda a escoller o repertorio elixindo as súas cancións favoritas a través deste FORMULARIO ONLINE

THE HOMENS + THE LOST OMELETTE MAKERS

12 de xuño de 2015 - 21.00 h.

Sala Capitol - Santiago DC

Anticipada: 8€ / Billeteira: 10€

Venda de entradas en Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto