Tu Mujer Nos Engaña presenta cuádruplo disco

El grupo de rock fusión da Bandeira, TU MUJER NOS ENGAÑA, presentou onte mércores o seu novo disco. Trátase dun traballo cuádruplo que foi estreado na sede da SGAE en Compostela. O traballo conta coa colaboración de destacados membros da escena musical galaica como Xurxo Souto, Vituco Neira, Bocixa ou Alberto Cereijo, entre outros. 40 cancións que prometen non deixar ninguén indiferente nun traballo cantado en galego, castelán e mais inglés.

TMNE é unha banda formado por Noelia Montoto, voz, Lolo Arincón, guitarra e tamén encargado da produción do traballo, e Iago Jorge, batería. TNME presenta o seu segundo traballo, Malas Línguas, gravado, mesturado e masterizado no seu estudio de gravación, coa produción de Lolo Arincón, guitarrista da banda. O traballo sae baixo o seu propio selo discógráfico, Xonix Records.


Segundo eles mesmo nos contan, é a primeria vez a nivel estatal en que un grupo de rock fusión saca ao mercado un cuádruplo CD. Unha aposta arriscada para os tempos que corren no mundo da música, pero un intento de facer algo distinto, algo que sorprenda, algo que, en definitiva, no deixe ninguén indiferente.

Velaí Malas Línguas, 40 cancións, 40 formas de ver a vida, 40 intentos de expresar con música sentimentos e emocións, 40 golpes de rabia. No primeiro cd, temas en galego, desenfadados e cun son alegre e festeiro. O segundo cd, con temas en castelán, letras comprometidas e moito sentimento. E no terceiro disco, atopamos 10 temas en inglés con moita forza, potencia e letras que calan fondo. Para pór o ramo, un último cd, con temas escritos por compañeiros e amigos así como temas propios e dúas versións que o grupo quixo plasmar neste novo traballo.

TMNE dedicoulle máis de dous anos a este megaproxecto, dous anos de traballo duro que sorprende non só polo seu formato, senón tamén pola variedade de estilos que o compoñen. Aquí tedes a listaxe de todos os compañeiros que confiaron en TMNE e quixeron achegar  o seu gran de area para a construción deste Malas Línguas:  ALBERTO CEREIJO (Los Suaves), OSCAR AVENDAÑO (Siniestro Total), FERNANDO MADINA (Reincidentes), PITI SANZ, GELU GALVÁN (Los Galván), APENINO, LA PEGATINA, VITUCO NEIRA (Ruxe-ruxe), XURXO SOUTO (Os diplomáticos de Monte Alto), BOCIXA (Zënzar), XOSÉ ANTONIO TOURIÑAN e MARCOS PEREIRO (Mucha e Nucha), RAMÓN FIGUEIRA (The Lákazans),LARA ALBA e DAVID SÁNCHEZ (Luces desenfocadas), PILO SIERRA, RAMÓN SANDE (Semos Peligrosos), PAKO e ALBERTO ( Kona ke te fixo), GHAITEIROS DA CIG NOITE (formado por compoñentes de Quempallou, Zurrumalla, Alvariza e Tamparrantán), BRAIS e GAEL (Som do Galpóm), RO MUÑOZ (Dielas) e mais MIGUEL QUEIXAS (Brothers in band).

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto