Factoría de Subsistencia xa (case) ten o seu primeiro disco

Josito Porto -Korosi Dansas, Magritte- e Sabela Dacal -Emilio Rúa, Xestreu- son Factoría de Subsistencia. Cerca da túa orella é o nome do seu primeiro traballo, que está xa de camiño. Para dar feito todo o proceso pensaron moi seriamente na alternativa do micromecenado...e decidiron argallar unha campaña de micromecenado a posteriori. Entérate de como poder axudar a que a Factoría de Subsistencia estea cerca da túa orella.

Despois da súa etapa en Magritte, Josito Porto decide darlle forma a unha serie de temas que aniñaran na súa cabeza. Para iso contou con Sabela Dacal para botar a andar esta aventura, a FACTORÍA DE SUBSISTENCIA. "CERCA DA TÚA ORELLA", é o primeiro traballo de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA, está ás portas, está xa de camiño.

En todo este tempo, déronlle moitas voltas a se montar ou non unha campaña de micromecenado. A dúbida para eles era evidente, e se non chegamos ao mínimo imos deixar de gravar o disco? A resposta foi..NON, POR SUPOSTO.

Aí os están, eles dous, Sabela e Josito, a Factoría de Subsistencia

É por iso que montaron unha campaña de micromecenado a posteriori e moi directamente con todxs. Aquel ou aquela que estea interesadx en ter unha copia deste traballo, que contará con 8 temas, non ten máis que poñerse en contacto co propio Porto, por correo, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou polo Facebook. Por só 8 euros dos de antes, seguramente farán felices ás nosas familias. O disco estará moi logo a disposición de todas as persoas interesadas, que xa poden encargalo comunicándose co Josito Porto.

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto