Metamorfose de Virandeira Folk

A banda viguesa presenta mañá sábado 19 de setembro o seu segundo disco, Metamorfose, no Auditorio Municipal do concello de Vigo. Folk fusión que mestura xéneros e estilos e que xa colleitara moi boas críticas coa súa estrea, Sons do Atlántico. Virandeira Folk volven cunha nova proposta que promete ser tan ecléctica e xenuína coma o anterior traballo. Sábado, en Vigo, ás 21h, con entradas a 6€ adiantada e 8€ na billeteira.  

Virandeira Folk prosegue a súa andaina polo panorama da música galega coa presentación do seu segundo traballo, Metamorfose, unha proposta musical vida, moderna e singular. A banda viguesa acadou moi boa recepción do seu primeiro traballo, Sons do Atlántico, presentado no Culturgal de 2012. 

Agora a banda viguesa pretende unha evolución cara a un espectáculo máis xenuíno e vital, e convida o público a unha e media de música ao vivo nos seus concertos, unha visita á intimidade do Atlántico, ás melodías celtas bañadas nun mar de estilos emanados das influencias musicais dos seus compoñentes. 

A presentación oficial deste segundo disco será mañá sábado 19 de setembro ás 21h no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. As entradas, adiantadas a 6€ en Entre Cervezas (R/ Rosalía de Castro 41, Vigo) ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e a 8€ na billeteira o día do concerto.

Aquí tedes Gipsy, adianto en forma de videoclip do que Virandeira Folk presenta mañá en Vigo

{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto