Radio Cos celebra o seu décimo aniversario cun concerto nas Crechas o vindeiro xoves

Compostela, 6 de novembro de 2015. Radio Cos, a banda tradicional de Quique Peón e Xurxo Fernandes, celebran este ano dez anos e queren compartilo co público compostelán. Será o vindeiro xoves 12 de novembro na Casa das Crechas. O concerto será ás 23h e as entradas están á venda a un prezo de 8 euros.

Radio Cos son Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas.

 

Dez anos son os que Radio Cos leva percorrendo escenarios de toda Europa transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. Co seu primeiro disco ‘Sete cuncas’ (Fol Música, 2013) confirmáronse como un dos proxectos máis interesantes da música galega: música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elementos tirados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.

A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto