Caxade representará Galiza no SUNS Europe

Caxade representará a Galiza no SUNS Europe. O Festival Europeo de Linguas Minorizadas hase celebrar na localidade friulana de Udin -Udine en italiano- o vindeiro 11 de decembro. O SUNS Europe toma o relevo do Liet Internacional que se viña celebrando desde o 2002 en diversas localidades europeas, Ljouwert, An Orient, Luleju ou Xixón, e polo que pasaron grupos como Narf, Mafia Galega ou Uxía. Alén da súa participación no SUNS, Caxade presenta o vindeiro 5 de decembro o DVD+CD que gravou ao vivo coa Banda de Música de Bandeira e prepara disco novo para o vindeiro ano.

Despois de 90 concertos e de editar o seu segundo disco e DVD, gravado ao vivo coa Banda de Música da Bandeira, o grupo de Alonso Caxade rematará o ano representando a Galiza no Festival Europeo da Canción en Linguas Minorizadas. Udin(Friuli, Italia) acollerá o próximo 11 de decembro a nove bandas europeas no SUNS  Europe,  Festival  que  substitúe  ao Liet  Internacional  que  se  celebraba  en  Frisia (Holanda)  e que moitos  comparan co  Eurovisión dos  grupos  que escollen unha lingua minorizada para crear as súas músicas

UNHA DAS REVELACIÓNS DOS ÚLTIMOS ANOS

Un proxecto que conta cun par  de anos  e do que podemos  falar  xa como un referente  da  música  galega.  O  bo  acollemento  da  crítica,  do  público,  as  máis  que satisfactorias  vendas  do seu disco de estrea (esgotada primeira e segunda edición),  a grande cantidade de concertos por todo o país e Portugal, premios e nomemamentos fan de Caxade unha das revelacións dos últimos anos.

NOVO DVD + CD Á VENDA

Caxade remata ano publicando “A Dança dos Moscas ao Vivo” arroupado polos 60 músicos da Banda de Música da Bandeira. Este DVD e CD estará á venda o sábado 5 de decembro en todas as tendas do país, distribuído polo selo cooperativo Discos da Máquina, sendo a presentación oficial às 18h00 do mesmo día no Culturgal, A Feira das Industrias Culturais (no Pazo da Cultura de Pontevedra)

PREPARA NOVO DISCO PARA PRIMAVERA

Alonso Caxade non ten parada.  Acaba de anunciar  que a  semana  seguinte de chegar  de Udine (Italia),  do Festival  SUNS Europe,  entrará no estudio para comezar  a primeira  fase  da  gravación  do  seu  agardado  próximo disco,  o  cal  pensa  publicar  na primavera de 2016. Un 2015 moi completo e aproveitado até os últimos días, que preparan un ano próximo moi prometedor para Caxade.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto