Uxía e Narf chegan hoxe venres a Vigo para presentar en concerto o seu disco ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’

Os dous grandes da música galega retornan ó país tras unha exitosa xira polos Estados Unidos. Baladas é un concerto en formato intimista no que os artistas invitan o público a coñecer o seu variado repertorio onde reinterpretan os seus temas máis coñecidos e algúns inéditos.Tamén se estreará un videoclip do artista Carlos Lago 'O Terser Home', unha animación sobre o tema 'Galician Lullaby' que abre o disco.

Despois de varias viaxes e presentacións, Uxía e Narf, dúo finalista á “mellor canción de autor” na III edición Premios Martín Códax, ofrecen o seu primeiro concerto en Vigo este venres 13 ás 21h no Auditorio Municipal do Concello.

Tras 40 días de actuacións polos EEUU, os galegos visitan a cidade olívica para amosar un proxecto, nacido entre Chile, Arxentina e Uruguai, no que se refllicte o talento e a sensibilidade para musicar as raíces da nosa cultura con cantos ós poemas de Castelao, Rosalía ou Lorca. Nos doce temas do disco fusiónanse o son tradicional de Uxía e o estilo rockafroblues de Narf dos que emerxen a vivencia compartida e poñen en valor o espazo da ‘Galiza Imaxinaria’ como algo emocional que latexa en moitas persoas do mundo quen, sen beber das mesmas fontes ou nin sequera ser galegas, son amantes do noso, senten a lembranza, a saúdade e a curiosidade.

O músico Santiago Auserón (Juan Perro, Radio Futura), que viviu a xénese deste disco, cóntao así: “ Ao escoitar por primeira vez o material que estaban a reunir Uxía e Narf, souben que ían producir un evento sonoro memorable, a confirmar un salto cualitativo na evolución do noso cancioneiro”.

Uxía&Narf no Roulette Theatre, de Nova York

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto