Xangai Km 0

Dá igual se o apalpador visitou a vosa casa o 24 ou se o vai facer o 31, o que non podedes perder é o tremendo agasallo que chega mañá para todas até terras coruñentas. Xangai Km 0, unha outra aventura musical dos Tres Trebóns. Mañá luns 26, ás 21:00h, a coruñesa sala Mardigrás vai acoller o que será o primeiro estalo dunha serie de celebracións que rematarán en outubro do vindeiro ano, coa gran festa do XL aniversario do Ateneu de Nou Barris en Barcelona. E para comezar, Os Tres Trebóns, acompañados dalgún ultracán e de vari@s jarbanzos neghros van encher a Coruña de festa rachada.

XANGAI
Coruña/Barcelona
KM.0
TRES TREBÓNS CON PETISCOS DE JARBANZOS e ULTRÄQÄNS
Luns 26, 21 horas, sala Mardigras

XANGAI, así lle dicían ao tren que durante décadas transportou –épica viaxe- a miles de galegas e galegos a Barcelona.
XANGAI, nome ben propio para significar a relación – invisible mais intensa - entre as cidades extremas desta ruta: Vigo-Coruña/ Barna.

TRES TREBÓNS, Mardigras, 26 D:
Nesta sesión sumaranse ao núcleo coruñento dous talentos chegados directamente de Barcelona: Nacho e Tanja, antigos compoñentes dos mítico conxunto Jarbanzo Negro.
XANGAI KM 0, primeiro dunha serie de eventos que culminarán en Barcelona, outubro de 2017, na gran celebración do XL aniversario do Ateneu de Nou Barris.

Ah! E quen son os Jarbanzo Negro?? Para as que sodes moi novas e non tivestes ocasión de gozalos ao vivo, aquí un petisquiño:



Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto