Adianto e primeiras datas de presentación do novo de Bala

V e Anx facendo moito ruído. Bala ultiman os detalles do seu segundo disco, Lume, que sairá a finais deste mes. Polo de agora, adiantan un pequeno teaser e as datas dunha intensa xira que as levará presentar o novo traballo por toda a península, con 4 datas en Galiza en abril e maio.


Bala adiantaron os primeiros 33 segundos do seu disco novo, Lume, neste teaser. O traballo lanzarase a finais deste mes de febreiro. Despois da publicación, Bala comezará unha extensa xira de presentación que as levará a visitar moitos lugares do planeta.

No novo disco, Bala cantan en galego e castelán, ademais do inglés que xa empregaron no seu potente disco de estrea, Human Flesh. (Escóitao no bandcamp de MATAPADRE).

Polo de agora xa anunciaron as primeiras datas pola península, uns meses de marzo e abril moi intensos con 11 concertos en 40 días, 6 deles grazas a seren escollidas para xirar no Girando por Salas (GPS), organizado polo INAEM. DEspois, paradas en Galiza a mediados de abril con concertos en Pontevedra, A Coruña e Vigo e tamén data confirmada en Lugo o 20 de maio.


Bala: datas confirmadas marzo-maio 2017

03.03Paris 15Málaga (GPS)
04.03FanaticSevilla (GPS)
11.03Festival EmergenciaBarcelona
24.03StereoAlacant (GPS)
25.0316 ToneladasValència (GPS)
30.03La Casa de las MusasBurgos (GPS)
31.03Sala King Kong   Zaragoza (GPS) 
01.04Lata de ZincUviéu
07.04Liceo MutantePontevedra
08.04Nave 1839A Coruña
13.04La IguanaVigo
19.05    Wurlitzer - Sound Isidro    Madrid
20.05Facela Fest Lugo

                     

      

            

      

           

      

        

             

       

                

                

      

              


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto