Kastomä estiveron bourando por Aldán

O pasado venres 30 de marzo, a banda de Ordes Kastomä estivo no 2 de Mayo rockbar de Aldán, apresentando o seu novo traballo Impórtame merda. A verdade é que non eramos moitos, pero pagou a pena poder ollar un dos referentes do rock que se fai nesa vila coruñesa que sorprende pola cantidade e calidade do traballo alí feito.

Soan ben os Kastomä e nótase o traballo dunha banda que xa leva anos deitando boa música, así ás toas veñen a cabeza temazos como A ruta do grelo ou Mestre de Pesadelos. Os Kastomä van seguir xirando nesta primavera polo país para levar aló onde os chamen o seu novo disco.

Vai á nosa axenda e bótalle unha ollada as datas xa confirmadas pola banda!

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto