Os Caamagnos nos Países Baixos (Fotocrónica)

A Caamagnada toda marchou para as Netherlands hai uns días. Foron representar, xunto a Nastasia Zürcher, o noso país no Liet Int, o festival de música das línguas minorizadas que se celebrou en Leeuwarden. E para unha vez que alguén marcha para aló e non se vai buscar a vida ou perdela polos coffee shops, decidimos pedirlle emprestada ao Antonio Pazos a fotocrónica que fixo da viaxe, a ver como ll...

Ler máis

Primeira edición do The Dub Yard Festival

Hai agora un mes a Sala Rebullón acolleu a primeira edición do The Dub Yard Festival. O evento serviu tamén como presentación do novo selo discográfico galego, centrado no reggae e con sede en Vigo, The Dub Yard Records, que nace da man de Javier Vicente. Aquí vos quedan crónica e vídeo de Lety GF e fotos de Andrea Meraki daquela longa noite de reggae.

Ler máis

O Carballiño e Ourense abren a ruta festivaleira deste ano

A Romería Rock Arenteiro e o OurenRock Sound, a última fin de semana de maio e a segunda de xuño respectivamente, serán as primeiras citas -aínda nesta primavera- dun verán festivaleiro que volverá encher de música todos os recantos do país. Dakidarría, Ezetaerre ou Rebeliom do Inframundo, dentro das propostas nacionais, e El Drogas, El Último Ke Zierre, 13 BATS, Riot Propaganda ou Xavi Sarriá, ch...

Ler máis

Malandrómeda no Aturuxo (06/05/18)

Máis unha vez, pasamos o alto da Portela para nos achegar até o Aturuxo de Bueu. Desta volta a razón era o concerto de Malandrómeda, que volvía por terras do Morrazo coa súa flamante banda a nos mostrar como lle aquelaban saxo, teclado e batería aos seus temas. O Xabicas, coma sempre que hai música no Atu, e mais o Lavesedo estiveron aló e armaron esta reportaxe ben curiosa. Non deixes de ler, ver...

Ler máis

Artistas lanzan un manifesto de apoio ao Festigal

Desde GZmúsica apoiamos o manifesto Festigal, festa da liberdade publicado por artistas galegas. Contra a involución democrática, a represión e mais a censura. Pola liberdade de poder berrar ben forte as miserias do estado que nos oprime e aínda pretende que quedemos caladas. Súmate ao manifesto!

Ler máis

Tanxugueiras presenta o seu primeiro disco na Capitol o 3 de xuño

Tanxugueiras son Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro. Descubrímolas -as que estamos fóra dos circuítos trad e folkie- a raíz dun vídeo caseiro dos cameríns do Celtic Connections de Glasgow que moi logo se fixo viral, onde coa compaña percutiva dunha simple mesa sorprenderon a centos de milleiros de usuarias das redes. Porén, estas pandereteiras, naturais de Luou e Aguiño son moitísimo máis...

Ler máis
012345

Ras Ciro Lima&Grei Jah, no Aturuxo

O primeiro día de xuño non faltamos á nosa cita dominical co templo da música ao vivo de Bueu. A proposta semellaba interesante. Roots reggae desde São Salvador de Baía, con backing band viguesa. Até alí fomos e aquí vos deixamos o que nos pareceu o concerto. Crónica, vídeo e fotos no interior.


Abofé que a proposta de Ras Ciro Lima&Grei Jah auguraba unha boa noite de reggae en Bueu. Cando menos, había servir de adestramento para o concerto que mañá venres viviremos no Aturuxo, Panton&Harrison, -lendas vivas da música xamaicana- cos Transilvanians de banda de apoio.

E, de feito, o concerto foi máis que correcto no musical, -malia o pouco feeling que cabe agardar cando o cantante nin sabe o nome dun só dos músicos que o acompañan-, e o Ras Ciro ten táboas e representa moi ben a esencia do roots reggae. O Lima é un dos principais músicos de roots reggae de Baía. Ten editados dous traballos (Haile Selasie e Eu, Eu e Eu), o último gravando parte do CD en Vigo e parte en Baía. A súa esposa, Makiko Kamekura, de Xapón, acompañouno aos coros. O directo, longo, foi un percorrido polos seus dous traballos, con algunha concesión ás versións na parte final. Non empregaron o estupendo son da sala e traballaron co seu, o que foi un erro pois a banda -sen soar mal- non deu de si todo o que o tería feito coa sonorización da casa. Con todo, o reggae máis clásico pairou sobre @s asistentes en todo momento.

Porén, malia a facilidade coa que o Lima nos insería nesa cadencia acougada e espiritual do reggae na maioría das cancións, o certo é que a liña argumental do seu discurso, de fondas conviccións relixiosas, e as letras das súas cancións, moi centradas precisamente niso, facían que a cousa fose por veces case cómica para a maioría do público -escaso- que asistía ao concerto. 

Cousas da lusofonía. Se o Lima non falase nun galego tan xeitoso e o fixese en inglés, probablemente a parroquia non se tería enterado da homilía e tería gozado sen prexuízos da súa música. 

Texto: Lavesedo

Vídeo: Lety GF

Fotos: Xabicas. Galería do concerto na súa páxina do Facebook

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto