Videoclip adianto de "Non hai berce coma o colo"

En decembro chegará ás librarías o libro-disco Non hai berce coma o colo, un proxecto dirixido polos músicos e mestres Magoia Bodega e Paulo Nogueira. O traballo procura recuperar arrolos tradicionais para as crianzas de hoxe en día. O 7 de decembro, no marco do Culturgal, será presentado este novo proxecto de Kalandraka. Olla o videoclip adianto!

Ler máis...

Bolboreta, tamén para a rapazada

Bolboreta non ten paraxe. Despois de botar a andar a formación coa que presenta o seu primeiro proxecto en solitario, Lydia Botana embárcase en dúas novas aventuras, dirixidas aos máis novos. De aquí para alá e Música para bebés. O primeiro, unha viaxe polas músicas do mundo. O segundo, a descuberta da música para as crianzas máis noviñas. Ambas as propostas preséntanse esta vindeira fin de semana no Salón Infantil de Galicia, en ExpoCoruña.

Ler máis...

Pan de millo, para nen@s e maiores

A editorial Kalandraka apresenta un novo libro-disco dedicado ao público infantil. Trátase de Pan de millo, unha creación de Migallas Teatro que anima a cantar e a bailar a toda a familia. Ilustrado por Dani Padrón, con colaboracións de prestixiosos músicos galegos. Temas cotiás e ritmos diversos para practicar o xogo e a expresión dramática, recuperar a memoria dos maiores e potenciar o galego nas crianzas.

Ler máis...

Os Xogos musicais de Luís Prego

Estes Xogos musicais de Luís Prego veñen contribuír nun campo que aínda está por encher en galego, porque se ben é certo que o noso patrimonio inmaterial, no que a cantigas e xogos infantís se refire, é enorme, non o é tanto o número de publicacións que lles facilitan aos pais e ás nais o acceso ou o achegamento a algo fundamental nos primeiros anos das crianzas: a música. Na introdución deste libro-disco Prego é moi claro con esta cuestión, e afirma categoricamente que, ao ser nos primeiros anos de vida cando se comeza a formar a personalidade do individuo, a música ten que desempeñar un papel fundamental.

Ler máis...

Revista e novos temas na maioría de idade do Xabarín

O pasado día 10 de agosto, a iso das 12 da mañá, Agalip presentou na feira do cómic da Coruña o seu novo proxecto, Oink! Unha revista infantil, pensada para os pequenos da casa que busquen unha publicación diferente. Ademais, a estrea desta nova publicación vén da man da volta dos videoclips ao Xabarín Club da TVG, con Xenderal e Lydia Botana como primeiros dunha serie que esperamos continúe axiña. O porco bravo vén de facer 18 anos e semella recuperar folgos...E ti, xa es do clube?

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 2 de 3

<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto