“As andanzas de Paio”, de Oviravai, un libro disco para nenas e nenos viaxeiros

Un libro disco para nenos e nenas con vocación viaxeira. O grupo vigués Oviravai presenta este sábado, día 14, ás 18h, na Casa do Libro de Vigo o seu primeiro traballo, “As andanzas de Paio”. Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras, é o protagonista deste traballo, que podes escoitar no artigo.

Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras, é o protagonista d'As andanzas de Paio , o primeiro libro-disco do novo grupo vigués Oviravai que se presenta este sábado ás 18h na Casa do Libro de Vigo. Paio, que xa conquistou ao público vigués hai unhas semanas cun concerto no Auditorio e que acaba de chegar de arrasar en Bos Aires, percorre lugares tan remotos como Madagascar, O Canadá,  A China ou o mesmo fondo do océano, onde coñece a unha boa morea de novos amigos. De regreso á granxa na que se atopa a súa teixugueira, cóntalles e cántalles a todos os animais as peripecias que vén de experimentar na súa particular andaina. /As andanzas de Paio/ inclúe ademais un conto que acompaña os temas musicais, cunha clara vocación instrutiva. Complétase esta faceta coa incorporación dunha Paiopedia final, na que se desenvolven algúns dos termos e conceptos tratados ao longo do libro. O grupo Oviravai, de recente creación, é o responsable deste novo álbum no que se fusionan diferentes ritmos e estilos musicais. Laura Iglesias, Verónica Santalices, David Álvarez e Federico Welicki, integrantes da banda, son os autores das letras, músicas e ilustracións d'As andanzas de Paio, un libro-disco ateigado de sorpresas e descubrimentos.

LISTA DE REPRODUCIÓN COS 10 TEMAS DO LIBRO-DISCO

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto