Outras novas

Teo presenta a segunda edición do II Certame de Canción de Autor en Galego, unha "cuadratura do círculo" chea de novidades

A semana pasada presentouse en conferencia de prensa a segunda edición do Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'. Na dita presentación compareceron a concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, o secretario xeral de Política Lingüística, o delegado para Santiago de Gadisa, Román Roo, Valentín García, o director artístico do evento, Xoán Curiel e a gañadora da primeira edición, Alba María. Coincidiron unanimemente na necesidade desta iniciativa e animaron a participar xa desde hoxe mesmo a “todos e todas aquelas que teñan algunha canción en galego que cantar”. O prazo de inscrición no certame permanecerá aberto até o vindeiro 29 de marzo.

Ler máis...

O colectivo PORNO presenta a súa programación para febreiro

Despois do éxito do festival ¡PELEA!, PORNO volve á súa programación habitual cun mes cargado de propostas. Pasarán por Ourense grupos de gran prestixio en España como A Veces Ciclón ou Alado Sincera e novas propostas galegas que van dende o pop xeracional de Dois ao math-punk de Vozzyow. Ademais, Monstruo presentarán os splits que sacaron en decembro en Barcelona e Uppercut volverán á actividade logo de meses de pausa. Completa a programación a inauguración dunha nova exposición en El Pueblo, desta vez compartida pola ourensana Julia Huete e o vigués Óscar Raña, coñecidos polo fanzine Drama Sureño e o seu traballo asociado á música como cartelistas ou deseñadores.

Ler máis...

Nova edición da Rede de Músicas Soltas

Volta a Rede de Músicas Soltas a Redondela, unha cita mensual coas mellores músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, nun programa regular para presentar os traballos de artistas en activo. A Rede pretende ser un escaparate para o público ver nun palco achegado e en acústico a presentación dos últimos discos de Eliseo Parra, Guadi Galego, Celina da Piedade, Alba María, Narf trio ou Alejandro Vargas. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viadutos. Trátase dun ciclo promovido polo concello de Redondela e organizado por aCentral Folque.

Ler máis...

Se tes unha banda e queres actuar en Portugal, tes que ler isto

Está oficialmente aberto o período de inscrições para os grupos, de todos os géneros musicais, portugueses ou estrangeiros, que pretendam integrar a bolsa de espectáculos da 19ª edição do OuTonalidades, circuito de música ao vivo que vai decorrer no Outono de 2015 em Portugal. Os grupos galegos têm até o 16 de fevereiro para se apuntar, mais devem estabelecer um intercâmbio com o circuíto organizando atuações de algum grupo português na Galiza.

Ler máis...

Mañá sábado 17 coñeceremos as bandas participantes no II Rock in Río Tea

A asociación ponteareana Rock in Río Tea pon en marcha a segunda edición do Concurso de Bandas que leva o seu nome. A primeira parada terá lugar este sábado 17 de xaneiro, a partir das 00.00h, no pub da mesma vila JJ Copas, escenario do propio Concurso. Alí desvelaranse os nomes das oito bandas que competirán nesta segunda edición. Haberá ademais música da man de Lady Chatarra, unha das formación participantes na edición do ano pasado. O Concurso terá lugar entre o 21 de febreiro e o 11 de abril deste ano.

Ler máis...

Nace a Plataforma Compostela Territorio Musical

Onte, luns 12 de xaneiro, pola mañá presentábase a plataforma Compostela, Territorio Musical. Constiuída polo de agora pola asociación de Músicos ao Vivo, a AC Cidade Vella e a AC San Martiño Pinario, busca defender a música ao vivo nos locais da cidade, nomeadamente da zona vella, acosados por leis e regulamentos que pretenden afogar a música. Le no interior o seu manifesto.

Ler máis...

Homenaxe aos Gaiteiros do Mar

Nos anos 70 -cando menos- na equipaxe dalgúns dos mariñeiros galegos que andaban ao Gran Sol ou ao Canario-Sahariano coáronse as gaitas. Armados coa instrumentación tradicional, pasaban os poucos momentos de solaz que dá o traballo no mar montando a festa nos barcos, no medio do océano, ou en terra, cando aportaban en Casteltón, Galbai, Las Palmas ou mesmo Valbis Bay ou San Pier de Miquelón, portos doutras latitudes e outros caladoiros. A eses Gaiteiros do Mar réndenlles homenaxe mañá sábado 3 en Vilariño, no Hío (Cangas), en sesión vermú a partir das 12 da mañá. Todo dentro da presentación do libro "Contos do Mar de Irlanda", de Xurxo Souto, descubridor para os "terrícolas" desta e doutras historias do noso mar.

Ler máis...

Así foi -para nós- o Womex 2014

A finais de outubro a nosa flamante correspondente compostelá andou polo Womex. A meirande feira musical europea recalou este ano na Galiza e por alí pasaron moitísimas propostas, interesantes algunhas e exóticas a maioría, normalmente moi complicadas de atopar no noso país. Aquí vos queda un resumo en vídeo e unhas fotos, da man de Lety GF, do que máis lle chistou a ela desta edición galega do Womex.

Ler máis...

Escoita os finalistas dos Premios Martín Códax da música

Cambados acolleu a cea na que se fixeron públicos os nomes das propostas finalistas dos Premios Martín Códax. Precisamente foi nas adegas que dan nome ao premio onde se souberon os 54 finalistas, entre os que GZmúsica ten a sorte de estar, na categoría de Espazos de Comunicación, xunto aos compañeiros do Planeta Furancho e Tres Peixes Voando. Para o celebrar, nada mellor que botarlle unha escoita aos grupos que pasaron a esta rolda final.

Ler máis...

Cantos de Taberna en Ourense

Tras a boa acollida do segundo encontro de cantos de taberna que tivo lugar na zona dos viños de Ourense o pasado 16 de maio, o grupo organizador (alumnos e alumnas do 2º curso do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP Farixa) pon en marcha a III Edición de Hai que cantar! O vindeiro venres 28 de novembro, o casco vello de Ourense será testemuña unha vez máis dunha actividade organizada por e para revitalizar a antiga tradición de “dar o cante nas tabernas”.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 4 de 7

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto