opinión

Músicas galegas amb Catalunya

A música galega mobilízase a prol do dereito a convocar unha consulta democrática do pobo catalán. Un grupo nas redes sociais foi o xermolo dun proxecto que rematou coa gravación dunha versión de L'Estaca de Lluis Llach en galego, a pasada cuarta feira. Máis de 600 músicas do país secundan a iniciativa, moitas das cales participaron activamente na gravación da canción. GZmúsica tivo a sorte de poder apoiar este proxecto e achegar as súas cámaras para gravar o videoclip de L'Estaca galega.

Ler máis...

Também na festa, nengum agressor sem resposta

 Hai dúas fins de semana, unha festivaleira foi agredida no Festival Antrospinos. Agora, despois de denunciar o agresor, enviounos este texto, que compartimos convosco. Desde GZmúsica queremos mostrar o noso apoio e solidariedade coa agredida e facer un chamamento aos festivais, para que creen protocolos para activaren nestes casos.


Ler máis...

Musigalité censura un tema de Ataque Escampe

O programa sobre música da TVG cortou o vídeo da canción "San Marino" para eliminar a frase "Adeus, cabronazos, voume a un paraíso fiscal como fan os do PP". As redes sociais ferven despois de as Ataque Escampe publicaren no seu perfil a nova da tesoirada ao seu tema para eliminar a crítica ao Partido Popular. O post do grupo leva máis de 700 compartidas no Facebook en apenas 3 horas.

Ler máis...

A ACB non entende de gaitas

O Colectivo en Defensa da Gaita fainos chegar unha nota para mostrar o seu malestar, compartido por moit@s, despois da contratación da marciana Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense para actuar na Copa do Rei de baloncesto que se celebrou na cidade da Coruña a pasada fin de semana. Máis unha vez, a agrupación ourensá fai pasar o seu espectáculo baseado na tradición escocesa por música de noso, desta volta nun evento organizado pola ACB e apoiado polo concello e a deputación da Coruña.

Ler máis...

As gaitas marciais xa non serán subvencionadas pola Deputación de Pontevedra

A polémica coas gaitas marcianas e toda a estética filoescocesa que pretenden coar como galega certos vultos na música tradicional xa vén de vello. Máis ou menos, desde que o sr. Foxo artellou a Banda de Gaitas da Deputación ourensá e comezou a súa particular teima de inserir na nosa música elementos, estéticas e actitudes foráneos. Apoiadas polos gobernos do PP, estas bandas proliferon polo sur do país, baixo o paraugas subvencionador das deputacións. En Ourense primeiro e en Pontevedra despois. Mais agora, a mudanza política nesta última trouxo como consecuencia o feche da billa para a Escola de Gaitas e Percusión, que se mantiña con 140.000€ anuais dun convenio entre deputación e a Asociación Galega de Bandas de Gaitas, que acubilla estas formacións alleas á música galega. Desde o Colectivo en Defensa da Gaita queren parabenizar publicamente a Deputación de Pontevedra por este feito e envían nota para a súa difusión.

Ler máis...

Necesidades primarias

Desde GZmúsica unímonos sen reservas ao movemento de apoio ao Planeta Furancho. Como sabedes a CRTVG quer eliminar do dial o único programa diario dedicado á música galega contemporánea. E non o facemos porque o Vituco -responsable do programa- sexa un bo amigo. Non o facemos porque cada martes -hoxe última vez polo de agora- o Furancho abrise xeneroso unha fiestra ao noso Cartafol. Non tal. Facémolo, como di o Brais Arroutado neste magnífico artigo, porque para nós -coma para vós- a nosa música é unha necesidade primaria. E lembrade, xoves no Toural, mani festa acción a prol do Furancho.

Ler máis...

Martín Códax, Enrique Iglesias e a chuva

Onte diversos medios informaron da adxudicación feita pola Xunta de Galiza dun contrato á discográfica Universal Music Spain S.L. por valor de 250.000 euros máis IVE. En total, 302.500 euros que irán parar ao videoclip do último tema de Enrique Iglesias, 'Noche y de día'. Así, faise oficial a nova que saíra vai xa para dous meses e nos deixara abraiados ao día seguinte da gala dos Premios Martín Códax. Coma case sempre, era para rir se non fose para chorar. Aí vai unha reflexión ao respecto.

Ler máis...

Dux Sanxenxo, o cosmopaletismo xorde de novo

A noite do 31 de xullo o Dux Sanxenxo recibía a visita de Mónica de Nut e Virxilio da Silva. O concerto estaba inserido dentro dun ciclo patrocinado pola cervexa Estrella Galicia. O que podía ser unha marabillosa noite de música, -eran moit@s @s seareir@s da cantante viguesa que se achegaran até o local do Salnés-, rematou de xeito inesperado e vergoñento no terceiro tema. Ao parecer o estilo de Mónica -premiada hai uns días en Xapón, no Festival Internacional de Arte de Sapporo- non era o acaído para o local, que se coloca así na cimeira do cosmopaletismo. Pésima educación, nulos coñecemento musicais e unha dose certa de autoodio provocaron o desagradable incidente.

Ler máis...

Berrogüetto: Historia dun fracaso

Os membros de Berrogüetto está inmersos na súa xira de despedida. Despois de anos como referente ineludible da música folk galega, a banda sepárase. É a de Berrogüetto a historia dun fracaso? Concretamente, é a historia do fracaso da música galega no paso á profesionalización e creación dunha industria potente ao seu redor? Sobre isto reflexionou Miriño no seu blogue e con esa reflexión comezamos unha nova sección de opinión en GZmúsica. Agardamos que vos preste!

Ler máis...

Os novos vieiros da reprodución musical

Hai uns días comezamos esta serie de artigos falando do devalo do formato físico para a música, tanto dos CDs coma dos vinilos. Desaparece esa “ilusión da propiedade” que tiñamos ao mercar un disco, que nos facía crer que mercabamos música, fotos e letras cando en realidade estabamos a mercar un anaco de plástico a un prezo desorbitado. O consumo de música almacenada en plataformas como Spotify, Bandcamp ou Youtube vai ser a norma nos vindeiros anos –se non se pode dicir que xa o é agora- e de feito as poutas da industria musical xa levan tempo pousadas nesa nova vía de negocio.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 1 de 2

<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto