Galicia on the road


O MELLOR DO PANORAMA MUSICAL ACTUAL DO PAÍS CHEGA Á TÚA VILA

As mellores bandas do panorama musical actual de Galicia para unha noite inesquecible: Novedades Carminha, Sés, Niño y Pistola, O Sonoro Maxín, The Cornelius, Terbutalina, Familia Caamagno, Igloo, DKTC, Dakidarría, Holywater, Falperrys... Quen dá máis?!


Chega Galicia on the Road, un espectáculo itinerante que se poderá programar nas festas dos concellos do país e que reúne as mellores bandas do panorama musical actual. Co obxectivo claro de revolucionar e mudar o concepto que temos de festa, o Galicia on the Road aposta pola calidade artística e por unha coidada produción. O espectáculo vai dirixido aos concellos do país, para que insiran na programación das sáus festas música do país, alén das habituais orquestras.

No Galicia on the Road atopamos un auténtico Dream Team do panorama musical actual galego. Bandas punteiras nos seus respectivos estilos, sen complexos e dispostas a rachar con todo! Quen solicite unha parada do Galicia on the Road na súa vila poderá escoller catro bandas de entre as seguintes para conformar o seu propio espectáculo: Niño y Pistola, Dios Ke Te Crew, Novedades Carminha, O Sonoro Maxín, Terbutalina, Falperrys, The Cornelius, Holywater, Sés, Dakidarría, Familia Caamagno, Igloo...

A organización xestiona por completo todo o evento: desde a contratación dos artistas e do persoal, pasando polo escenario, o son e a iluminación; ata a promoción (medios de comunicación, redes sociais, deseño personalizado de carteis e flyers...). Cada unha das paradas do Galicia on the Road implica o traballo de máis de 50 persoas e, ademais, todas as entidades que forman parte do Galicia on the Road son 100% galegas.

O Galicia on the Road está listo para comezar a súa viaxe. As nosas paradas serán as vilas que queiran renovar a programación cultural das súas festas. A flexibilidade do evento permitirá adaptalo aos diferentes espazos onde, tradicionalmente, se celebran as festas en cada vila. O Galicia on the Road achegará a todo o mundo un novo concepto de festa!

Podes obter máis información na web: www.galiciaontheroad.com

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto