Solidariedade musical co Sahara

Cartaz concerto Sahara

Durante o mes de abril, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui realiza en Silleda (Pontevedra) un Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui. Dada a difícil situación que hoxe vive a cooperación, como todo, estanse a realizar diferentes actividades en todo o territorio galego co fin de financiar diferentes proxectos  como o programa "Vacacións en Paz", donde nenos e nenas saharauis, que viven nos campamentos de refuxiados de Tindouf, veñen a pasar os meses de verán con familias galegas, ademais da axuda humanitaria que se proporciona aos campamentos de refuxiados.

Esta situación xa se prolonga no tempo 38 anos, producida pola ocupación de Marrocos do Sáhara Occidental donde a poboación saharaui vive entre os campamentos de refuxiados e os territorios ocupados.

Por iso, para poñer voz a esta situación e para rematar o Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui, realizado durante todo o mes de abril, o día 27 na sala Dilema 95 (Silleda, Pontevedra) ás 22.00 h, contaremos coa colaboración e contribución á causa saharaui dos grupos Ruxe Ruxe, Zënzar, Kambotes, Tiro na Testa e Skarmento.



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto