Novas

Volta a Galiza da festa, os primeiros festivais do 2019 xa están aquí

Comezou o 2019, vai frío, chove e non apetece saír do sofá, pero o mundo festivaleiro non se para e cada ano son máis os festivais que se celebran nos primeiros meses do ano. Aquí traémosvos os festivais que terán lugar nas próximas semanas, para que vós espreguicedes e saiades da casa, porque os festivais non son só para o verán.


Ler máis...

A terceira edición do Eclosom bota a andar


O certame das músicas emerxentes que organiza a Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela, bota andar neste 2019. Unha nova edición do Eclosom dá comezo co obxectivo de promover as novas bandas que canten  en galego e con presenza feminina.

Ler máis...

Aínda estades a tempo para presentarvos ao cantalingua 2019

Un ano máis chega o concurso Cantalingua, pensado para dar a coñecer entre o público máis novo a música que se está a facer no noso país.  Así que xa podedes participar no Cantalingua 2019, o concurso musical do Correlingua. Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que desenvolven a súa actividade en galego. Poden participar grupos musicais ou solistas de calquera estilo que teñan o galego como lingua. Ler máis...

La Tarrancha celebra celebra o seu 15º aniversario sacando novo disco


La Tarrancha celebra o seu 15º aniversario sacando novo disco, “Bailando con llokes”, e argallando unha boa festa para a súa presentación. Este sábado, 22 de decembro, en Xixón, a banda asturiana La Tarrancha, da que puidemos gozar en anos anteriores na nosa terra en festivais como a Festa Folc de Vilariño ou A Rebusca,  dará a coñecer o seu novo traballo nunha festa que promete sorpresas e moita diversión.

Ler máis...

O sector musical será feminista ou non será


A asociación MIM créase no 2016 co obxectivo de dar visibilidade a todas as mulleres da industria musical. En dous anos de existencia a asociación pasou de 30 a máis de 300 asociadas e asociados, contribuíu a introducir mulleres en paneis, xurados, mesas de debate, profesorados, e tamén nalgúns escenarios. Xerou unha web de libre consulta que da visibilidade a artistas e profesionais do sector, e seguirá traballando para que a igualdade de condicións e representación entre mulleres e homes do sector, sexa efectiva, e para que todas e todos sexamos conscientes, que coa igualdade no terreo profesional, e a igualdade no plano persoal, a sociedade só pode mellorar.

Ler máis...

Os Caamagnos nos Países Baixos (Fotocrónica)

A Caamagnada toda marchou para as Netherlands hai uns días. Foron representar, xunto a Nastasia Zürcher, o noso país no Liet Int, o festival de música das línguas minorizadas que se celebrou en Leeuwarden. E para unha vez que alguén marcha para aló e non se vai buscar a vida ou perdela polos coffee shops, decidimos pedirlle emprestada ao Antonio Pazos a fotocrónica que fixo da viaxe, a ver como lles fora. Aquí a está!

Ler máis...

Artistas lanzan un manifesto de apoio ao Festigal

Desde GZmúsica apoiamos o manifesto Festigal, festa da liberdade publicado por artistas galegas. Contra a involución democrática, a represión e mais a censura. Pola liberdade de poder berrar ben forte as miserias do estado que nos oprime e aínda pretende que quedemos caladas. Súmate ao manifesto!

Ler máis...

Magín Blanco compón a canción oficial do Festival de Cans: "Cans e cadelas"

“Cans & Cadelas” é a canción composta por Magín Blanco para a 15ª edición do Festival de Cans que se celebrará do 23 ao 26 de maio. Na gravación do tema, o artista coñecido polos seus discos para público infantil como “A nena e o grilo” ou "Camiños" contou coa colaboración de As Mosas e Carlos Blanco. Uxía Senlle, parte de As Mosas, acompañou ao músico na mañá do 19 de abril nunha interpretación do tema ante as persoas asistentes á presentación desta edición do certame audiovisual que continúa a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país.

Desvelados os finalistas dos Mártin Códax deste ano


Nunha gala celebrada onte, mércores 18, nas Bodegas Martín Códax de Cambados, déronse a coñecer as propostas finalistas nas distintas categorías destes premios da música galega. Espiño, Som do Galpóm, The Lákazans, Uxía, Caxade, Chotokoeu ou Ig Mig entre os finalistas. Músicas Galegas Ilustradas, Tolemias.tv e Ábrete de Orellas, finalistas entre os medios de comunicación.

Ler máis...

Compostela Conversa xunta a Presumido e BFlecha nun concerto-faladoiro


Compostela Conversa é un ciclo exclusivo que busca unir artistas de prestixio a través de fíos comúns, non sempre visibles. A vindeira cita será con Presumido e BFlecha, o 13 de abril no Teatro Principal de Santiago. As entradas poden mercarse a un prezo de 10 euros (50% cos descontos habituais).

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 1 de 13

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto