Compostela Conversa xunta a Presumido e BFlecha nun concerto-faladoiro


Compostela Conversa é un ciclo exclusivo que busca unir artistas de prestixio a través de fíos comúns, non sempre visibles. A vindeira cita será con Presumido e BFlecha, o 13 de abril no Teatro Principal de Santiago. As entradas poden mercarse a un prezo de 10 euros (50% cos descontos habituais).

Presumido e BFlecha, dúas das propostas de electrónica máis interesantes do panorama actual galego protagonizarán a próxima sesión do Compostela Conversa, o 13 de abril no Teatro Principal de Santiago ás 20.30.

BFlecha, a produtora e DJ galega que experimenta con novos sons a través do 'synth', o R&B, o pop o o 'trap' e Presumido, unha das bandas revelación do 2017 coa súa redefinición do synth pop que se atreve con todo, ofrecerán un concerto dobre moi especial.  Grazas a Compostela Conversa, estes dous artistas descubrirán, a través das súas actuacións en directo e nun diálogo aberto co público, aqueles fíos invisibles que os manteñen unidos e conectan as súas propostas artísticas. Con eles falaremos electrónica do pasado, do presente e do futuro, o sintético vs. o natural, hedonismo vs. introspección, morte v.s resurrección. Synthpop 2.0 vs. Trap.

A conversa estará moderada por Cristina V Miranda, directora artística do ciclo. Será unha sesión difícilmente repetibles que prometen vir cargada de emoción, inspiración, e novos sons por explorar. A entrada terá un prezo de 10 euros (5 euros para desempregados, maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado, + días de evento, de 18 a 21 h), no 981 910 522, en entradas.abanca.com

PRESUMIDO

A banda revelación do 2017 é unha ponte entre a música electrónica do pasado e a do presente. Un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán na súa versión máis electrónica xamáis se ten metido. Por que Synthpop 2.0? Moi doado: Presumido collen o estilo dos clásicos do xénero como Depeche mode o Kraftwerk e empápano coas referencias máis contemporáneas como M83, Moderat, Daft Punk, e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjork, Apparat, Aphex Twin, Telefon TelAviv… Atopando un estilo propio que poderiamos definir como uns Depeche Mode en castelán pasados de rosca. Ademáis da proposta musical ofrecen un espectáculo de luces e proxeccións que elaboraron de forma artesanal e que convirten o seu directo nunha experiencia audiovisual única.


BFLECHA

O seu nome artístico significa mirar cara adiante, camiño do futuro, de cara ao positivo, na búsqueda do coñecemento; o seu último disco é unha mestura de dous conceptos tan variopintos como Qualia y Kwale, referida "a las cualidades subjetivas de las experiencias individuales". Belén Vidal é B-Flecha, unha produtora e DJ que encerra un encontro constante de conexións infinitas que converxen na electrónica. Kwalia, o seu segundo trabajo de estudio despois de Beta, invita ao que o se achega a el a unha viaxe interior e íntima, onde un pode adentrarse en si mesmo a través da música.


COMO FUNCIONA COMPOSTELA CONVERSA?

Compostela Conversa é un ciclo de concertos de carácter único que busca fomentar a promoción do novo talento e a reflexión sobre a escena actual, dando voz aos artistas máis alá da actuación musical. Pero ademais dun ciclo de concertos, tamén é un espazo de conversa aberta ao público. Preténdese abrir un debate plural sobre a creatividade, o traballo dos artistas, a situación do novo talento e calquera tema que enriqueza a ruptura da parede entre espectador e artista durante un concerto.

Un espazo de diálogo entre as propias bandas e músicos, que poña en contacto o talento galego emerxente con artistas de outros estilos, xeografías e épocas. O público pode enviar as súas preguntas a cada un dos grupos previamente a través da conta de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e os e as artistas responderán o mesmo día do concerto en directo.



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto