Top25 GZmúsica - Maio 2019


Cales son os grupos galegos que máis soan? A pregunta é complicada de respostar pois hoxe en día existen moitísimos xeitos de acceder á música dunha banda. En GZmúsica decidimos tirarnos á piscina e escollemos as dúas plataformas máis usadas para escoitar música galega -Youtube e Spotify- e creamos unhas listas de reprodución que actualizamos mensualmente onde recollemos as cancións que máis están a soar no país. Escoita o TOP25 de GZmúsica!!


Na nosa playlist de Spotify, o TOP25, aparecen os temas que máis están a soar tanto en Spotify coma en Youtube. Só 2 cancións por banda e sempre temas publicados no Spotify nos últimos 6 meses. 

TOP25 maio

Poucas variacións, con Sés mantendo o número 1 e sen mudanzas nos 5 primeiros postos da lista, na que entran MJ Pérez no número 7 e Pauliña no 24.

 


Os 10 vídeos + vistos do mes de maio

Playlist cos 10 vídeos que máis se están a ver agora mesmo no Youtube.


De Vacas arrasa ocupando o número 1 e 2 da lista cos seus dous últimos temas, que acumulan milleiros de reproducións por día. Festicultores Troupe, Mileth ou Dios Ke Te Crew entran este mes na lista

LINK: Os 10 vídeos de maio



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto