GZmúsica TV volve hoxe á televisión

O verán remata mais a música galega non ten paraxe! Por iso, co comezo do novo curso, GZmúsica TV volve á televisión. Mais cun novo formato, o GZmúsica TV Clips, un programa de 30 minutos de duración onde lle daremos cabida aos videoclips, -novidades e históricos-, máis interesantes do panorama musical do país. A estrea é esta mesma noite, contra ás 24h, coma sempre en Vía TV ou en streaming na nosa rede. E se tes unha banda e queres que o teu videoclip saia no noso programa, contáctanos!!


Cada venres contra a medianoite, a música galega volverá ter o seu espazo na televisión. Cada semana, presentaremos un menú musical para mostrar todo o bo que se está a facer na Galiza musicalmente. Esta primeira semana, comezamos con 4 vídeos que saíron este verán e 2 máis vellos, pero dos que gostamos moito. Eis a posta musical de hoxe:

Skarmento - Afía os cotenos; Som do Galpom - A piques de estoupar;  Kastomä - Grelo 66; Ludovaina - Follapasí; Ruxe Ruxe - Buratos; Roger de Flor e Os Silvestres - Hai un lugar no norte.


E se tes un grupo, tedes un videoclip e queredes saír en GZmúsica TV Clips, tan só tes que te pór en contacto connosco.


Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto