10 anos de Gentalha

Hai 10 anos nacía na capital do país a Gentalha do Pichel. Como eles propios din, um grupo de compostelanas e compostelanos decididos a fazer activismo cultural na nossa cidade e comarca. A língua e cultura galegas, a vontade de aprender, de difundir e recuperar os nossos costumes, a nossa história, a nossa música... E así foi durante estes anos, e agora van festexalo cunha serie de actividades contra finais de xaneiro.


E durante estes 10 anos, o labor arredor da cultura galega foi intenso. O traballo das distintas comisións da asociación, a súa participación na recuperación da figura do Apalpador, a construción dunha referencia para a xente que gosta da música do país, o acubillo dado a grupos de consumo, a radio Kalimera, etc,etc, dan conta da importancia deste colectivo na vida cultural compostelá.

As actividades arredor do décimo aniversario da Gentalha terán lugar entre o 30 de xaneiro e o 1 de febreiro. Eis un extracto do que alí acontecerá, mais para ter máis info e/ou actualizacións podes visitar a web da asociación.


Quinta 30 janeiro

21h00

Noite de Magia com o Mago Teto

Apresentaçom do Baralho Suevo

Sexta 31 de janeiro


FOLIADA DÉZIMO ANIVERSÁRIO DA GENTALHA

Sexta feira 31 de xaneiro a partir das 21h30

No ano 2004 pugemos a andar um projeto cultural que, entre outras cousas, queria espalhar e pôr em valor a música tradicional. Queremos celebrá-lo lembrando estes 10 anos com a música de 10 grupos que nalgum momento da andaina estivérom connosco!!

Quarteto da Gentalha

Triroliro Regueifeiros

Os Fondãos do Pìfaro

Os Estalotes

Os de Abaixo

As Bouba

Carapaus

Ariel Ninas

A Requinta da Amaia

Verdegaios


Sábado 1 de fevereiro

13h00 sessom vermu com Mini e Mero

14h00 jantar de aniversário

10€ sócias/12€ nom sócias

(teremos opçom vegetariana)


E se non sabes o que é unha foliada na Gentalha, bótalle un ollo a este vídeo dos de Abaixo, ao vivo no local.


{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto