Saudade, a primeira biografía oficial de Andrés do Barro

Fernando F. Rego vén de editar con Lafonoteca.net a primeira biografía oficial de Andrés do Barro. O libro, escrito en castelán, xa está á venda na propia web e será apresentado en Ferrol, hoxe 10 de xullo, coa música ao vivo de Quant e Roger de Flor e a presenza da familia de do Barro. A obra de F. Rego abrangue a carreira artística do crooner ferrolán, desde o seu comezo na cidade departamental até o periplo mexicano e os últimos anos en España.

Malia ser o único artista que colocou catro cancións en galego no número 1 de vendas estatais, o Andrés do Barro segue a ser un gran descoñecido. Na Galiza e tamén no resto do Estado. Pioneiro en ser artista de éxito cantando en galego, foino ademais tentando aproximar o pop á música popular galega. Malia o recoñecemento que recibiu no noso país a partir do Manifesto Dobarrista, que uniu un gran número de bandas galegas versionando temas de do Barro e o "Saudade de ti", homenaxe no Teatro Jofre de Ferrol emitido pola TVG, a súa figura segue a ser descoñecida para as xeracións máis novas. Ademais, no resto do Estado a figura do cantante galego esmorece e aí é onde semella que vai incidir a nova obra editada por Lafonoteca.net -web de referencia para a música feita en español- escrita en castelán e que de seguro que vai volver pór de actualidade entre o público español a obra e a figura de Andrés do Barro. 

Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto