Comeza o Cantalingua 2016

Máis un ano, ponse en marcha o concurso musical do Correlingua, o Cantalingua. Os colectivos organizadores da carreira pola lingua buscan dar a coñecer entre o público máis novo a música feita en galego e tamén apoiaren estas bandas, que poderán levar un premio en metálico e terán a posibilidade de tocar ao vivo nas 12 vilas e cidades polas que pasará o Correlingua 2016.

 Cantalingua 2016!

 Que é?

É un concurso musical que ten como principal fin  dar a coñecer entre o público máis novo a música que está a facer no noso país e a forza que esta presenta. Os grupos ou solistas que participen no Cantalingua poderán optar ás actuacións das festas finais do Correlingua, unha marcha pola lingua que percorre 12 vilas e cidades galegas, e no que participan miles de rapazas e rapazas de todos os ciclos educativos.

Un ano máis, queremos dar a coñecer á socidade galega a boa música que se fai polas nosas terras! Así que, a que esperades para poñer os instrumentos a punto?


Como participar?

Moi sinxelo, só tedes que enviarnos unha canción en formato MP3 baixo licencia Creative Commons e un correo electrónico ou teléfono de contacto a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

As cancións serán colgadas na páxina web do Cantalingua para que poidan ser desfrutadas por todo o mundo.

Ademais do tema en formato mp3, tedes que mandarnos a foto da banda e un breve texto de presentación.

Os temas deberán ser orixinais, quedando excluídas as versións. A temática das letras será completamente libre, pero non poderán ter contidos obscenos nin discriminatorios. Ademais, deben presentar un uso coidado da lingua, evitando usar formas como castelanismos.

 Importante: o prazo para enviardes os temas remata o 1 de abril de 2015.

 BASES

 As persoas gañadoras

Os grupos ou solistas gañadores serán elexidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, mais un xurado integrado por alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Os nomes dos gañadores serán coñecidos sobre o 15 de abril.

E hai premios ou non?

Pois claro, por suposto que os hai! Como sabemos o difícil que é para os grupos galegos dar concertos, ese será o noso premio: 12 concertos para o Correlingua 2016! Estes repartiranse entre os tres primeiros grupos ou solistas clasificados no concurso. As actuacións realizaranse do 2 ao 16 de maio, e contarán cunha remuneración económica de 600€ por actuación. Todos os concertos serán pola mañá e deberán ser intregramente en galego.No caso de que algún grupo non puidese participar nalgún dos concertos, a lista iría correndo ata completar todas as datas cos grupos que queden entre os dez primeiros.

Consulta AQUÍ as bases completas.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto