Certame aRi(t)mar encara a súa fase final

O certame organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Compostela escolleu xa os dez finalistas nas categorías de Mellor tema musical galego e Mellor tema musical en portugués. Podes escoitar os temas todos e votar na web do certame pero bule! o prazo remata a final de mes.

O Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración cos departamentos de galego e de portugués presentan o 1º certame Galiza e Portugal aRi(t)mar, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en 2015 na Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países.

Consta de catro categorías:

 

Mellor tema musical de Galiza

Mellor tema musical de Portugal

Mellor poema de Galiza

Mellor poema en Portugal


Convidarase a votar toda a comunidade educativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela entre 10 poemas e cancións seleccionadas polo noso xurado. Sortearanse CDs e libros entre as persoas que votaron por internet a través dunha aplicación online. A proposta de calendario é a seguinte:

Finais de xaneiro     10+10 músicas finalistas escollidas

Finais de febreiro    1+1 músicas gañadoras votadas e escollidas

Finais de febreiro    10+10 poemas finalistas escollidos

11 de marzo    1+1 poemas gañadores votados e escollidos

Data por determinar    Gala de entrega e actuacións

10 temas escollidos na categoría de Mellor canción en galego

10 temas escollidos na categoría de Mellor canción en portugués


As ligazóns para votar son as seguintes:

Mellor canción en galego

Mellor canción en portugués

Ollo! Nós votamos luns 29 de febreiro a primeira hora e aínda era posible, pero teoricamente a votación remata a final de mes, é dicir, hoxe. Así que, se queredes votar, bulide!

O palmarés farase público nunha gala con actuacións musicais e poéticas nunha sala de espectáculo do noso Concello.

{fcomments} 


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto