GZmúsica TV dá o salto á TVG

Facemos 5 anos e temos moitas sorpresas para vós. A primeira, a mellor sen dúbida. Hoxe 1 de abril podemos anunciar oficialmente que fichamos pola TVG. Concretamente, a Galega 2 emitirá os nosos programas de GZmúsica TV a partir do vindeiro mes. Todos os xoves ás 22:00h con repetición domingo ás 11:30h da mañá en substitución da Santa Misa, que pasará a ser emitida nunha nova canle de Youtube, creada a mitas entre Esmerarte e Santa Guerrilla. Nos vindeiros días realizaremos o casting para os e as presentadoras do novo formato, xa que Lety, Dani, Vitor e Purpurinas nin dan a talla nin queren colaborar na retirada da Santa Misa das nosas TVs.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2017

Todo partiu dunha moción no Parlamento presentada polo cómite de Normalización Lingüística do PSdG, apoiada polo PP e aprobado despois da abstención do BNG, doídos porque a idea non foi deles, e da Marea, que se mantén firme na súa defensa do labor normalizador da Santa Misa. No primeiro programa, o propio presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura inaugurarán a temporada de festivais galegos -barállase o Festival da Liberdade como posible marco do acto- cortando unha fita coas cores das bandeiras galega e española e convidando aos e ás festivaleiras a licor de café (o malo) e pastas.

Tendo en conta a magnitude do salta adiante de GZmúsica, coincidente neste 1 de abril co noso 5º aniversario, vémono na obriga de prescindir dos noso vellos presentadores -por outra banda, molestos por eliminar da grella a misa- e convocamos un casting que terá lugar en datas próximas na Cidade da Cultura. Os e as interesadas terán que enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando a súa relixión, confirmando se teñen pene ou vulva e cunha pequena gravación (vale feita co móbil) na que expliquen brevemente porque pensan que son idóneos ou idóneas para o posto.

Vamos alá! Aínda que nos doa enormemente retirar a Santa Misa da TV dos galegos e galegas sabemos que terá bo acomodo na nova canle de Youtube creada ad hoc por Esmerarte e Santa Guerrilla e para nós é unha oportunidade inigualable para achegar a nosa proposta aos fogares galegos.



Comentarios  

 
0 #1 Vickey 11/07/2017 19:55
Hi fellas! Who wants to meet me? I'm live at HotBabesCams.co m, we can chat, you can watch me live for free, my nickname is Anemonalove: https://3.bp.blogspot.com/-u5pGYuGNsSo/WVixiO8RBUI/AAAAAAAAAFA/JWa2LHHFI2AkHParQa3fwwHhVijolmq8QCLcBGAs/s1600/hottest%2Bwebcam%2Bgirl%2B-%2BAnemonalove.jpg , here is my pic:


https://3.bp.blogspot.com/-u5pGYuGNsSo/WVixiO8RBUI/AAAAAAAAAFA/JWa2LHHFI2AkHParQa3fwwHhVijolmq8QCLcBGAs/s1600/hottest%2Bwebcam%2Bgirl%2B-%2BAnemonalove.jpg
Citar
 
 
0 #2 Robyn 20/07/2017 15:48
How to get traffic to your site [youtube]https://www.youtube.com/watch?v=86COMT8JE_c[/youtube]
this bot is incredible

Stop by my web blog :: drive traffic to your blog: https://www.youtube.com/watch?v=86COMT8JE_c
Citar
 
 
0 #3 Norma 26/07/2017 14:57
Hello blogger, do you monetize your blog ? There is easy method to earn decent money every month, just search on youtube : How to
earn $25/hour selling articles

My homepage: Guy1979: https://LillieFit.blogspot.com
Citar
 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto