Danse a coñecer os finalistas dos IV Premios Martín Códax

Na Festa dos Nomeados que está a ter lugar agora mesmo nas adegas Martín Códax de Cambados déronse a coñecer os finalistas das distintas categorías dos Premios da Música Martín Códax. Por terceira vez consecutiva, o noso webzine encóntranse entre os finalistas na categoría de Espazos de Comunicación, compartindo candidatura este ano con Zig-Zag da TVG e Onda Vital da RG. Dakidarría, Os amigos dos músicos, O Sonoro Maxín, Sonia Lebedinski ou entre os finalistas.

57 finalistas optarán aos IV Premios Martín Códax da Música

 As nominacións fixéronse públicas na Festa de Nomeados que se celebrou, como cada ano, nas Bodegas Martín Códax, en Cambados.

Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, quen  escollerá os proxectos premiados que se entregarán na gala que se celebrará o próximo 3 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Entre os nomeados que optan a acadar algún premio, figuran artistas que están comezando o seu proxecto xunto a consagrados a nivel estatal e internacional como Xoel López, Malandrómeda, Os Amigos dos Músicos, Davide Salvado, ou Uxía.

 No medio dunha festa amenizada coa chispa e a música d’A PANADARÍA TEATRO, a Asociación de Músicos ao Vivo fixo pública a lista dos finalistas da 4ª edición dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA. O acto celebrouse, como cada ano, nas instalacións das Bodegas Martín Códax, en Cambados coa presenza da presidenta de MÚSICOS AO VIVO, Iria Pinheiro; o director da AGADIC, Jacobo Sutil; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; e o director das Bodegas Martín Códax, José Martínez Chantada.

 

Entre os finalistas, nomes con moita traxectoria como Xoel López, Davide Salvado ou Uxía, pero sobre todo moitísimos proxectos novos que entran a formar parte da gran familia de escollidos que cada ano opta aos galardóns da nosa música. Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de MÚSICOS AO VIVO mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (1 máis que na anterior edición): 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21espazos de comunicación musical. Desta volta, as bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías. Este xurado, que tamén fará as súas escollas a través do sistema de votación online da web www.premiosmartincodaxdamusica.com, será secreto e os nomes dos seus integrantes non se farán públicos ata finalizar o proceso. Os gañadores coñeceranse o 3 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra. Este é o listado dos 57 proxectos nomeados que optarán a recibir algún galardón na gala dos IV Premios MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA:

 

POP/iNDIE

 

Os Amigos dos Músicos / Berlai / Xoel López

 

ROCK

 

Brais Morán / The Soul Jacket / Agoraphobia

 

JAZZ/MÚSICAS IMPROVISADAS

 

Iago Fernández / Alberto Vilas  ‘Ubuntu’ / Miguel Lamas Quartet

 

HIP HOP/MÚSICAS URBANAS

 

Maladrómeda / García Mc / Wöyza

 

CLÁSICA/CONTEMPORÁNEA

 

Alberto Vilas ‘Universo Lem’/ Roberto Oliveira / Alejo Amoedo

 

FOLQUE

 

Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero / Os d’Abaixo

 

MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

 

Tanxugueiras / Xosé Lois Romero e Aliboria / Davide Salvado

 

MÚSICAS DO MUNDO

 

Uxía / Tangata / Talabarte

 

MÚSICA INFANTIL

 

María Fumaça – Aire! / A Gramola Gominola / Pesdelán

 

MÚSICA ELECTRÓNICA

 

Malvares de Moscoso e J.CNNR / 2Pas0s / Pálida

 

METAL

 

Aphonnic / Tälesien / Raiba

 

REGGAE/SKA/MESTIZAXE

 

Dakidarria / O Sonoro Maxín / Bush Doctors

 

ORQUESTRAS/GRUPOS/MÚSICA DE VERBENA

 

Los Satélites / Poceiro Big Band / Áureas en Voga

 

BLUES/FUNK/SOUL

 

Carmen Rey / VooDoo / The Lakazans

 

CANCIÓN DE AUTOR

 

Sonia Lebedynski / Tatán Chapeu / Xoán Curiel – Ecuacións

 

COROS E GRUPOS VOCAIS

 

Encaixe / Sisters in the House / Ejazz

 

PREMIOS ORGANISTRUM

 

FESTIVAIS

 

Nigranjazz / Festival de Pardiñas / Surfing the Lérez

 

SALAS

 

A Pousada das Ánimas / Sala Mardi Gras / Garufa Club

 

ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL

 

ZigZag-TVG / GZmúsica / Onda Vital-Radio Galega

 

Ao remate do acto, o presidente das Bodegas Martín Códax, José Martínez Chantada, destacou que "é unha honra poder dar o noso nome a estes premios que se consolidan nesta 3ª edición e que se converten na gran festa da música galega e na oportunidade para visibilizar e recoñecer o traballo de toda a comunidade musical". Chantada valorou a implicación das bodegas nestes premios como “unha aposta na que debemos estar unidas as empresas privadas e as administración públicas, comprometidas na difusión e fomento da nosa cultura”.

 

A presidenta de Músicos ao Vivo, Iria Pinheiro, agradeceu “a aposta e sensibilidade que demostraron todos os patrocinadores e colaboradores do certame, en especial os nosos anfitrións e alidados imprescindibles, as Bodegas Martín Códax” e destacou “a implicación das músicas e músicos galegos unha vez máis nesta edición na que logramos reunir a 449 proxectos o que volve converter a web dos premios www.premiosmartincodaxdamusica.com  na plataforma de música galega máis importante neste momento; e demostra o indiscutible potencial musical de Galicia, afianzando a MAV como a casa común das músicas e músicos galegos”. A voceira de MAV concluiu asegurando que “o espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, emana outra vez máis nestes premios” e resaltou o feito de que en todas as categorías haxa proxectos consagrados, xunto con propostas radicalmente novas e frescas, algo que fai deste certame a convocatoria perfecta para dar a entender o que temos entre mans cando falamos de Música en Galicia”.

 

A esta Festa de Nomeados asistiu tamén o director da Agadic, Jacobo Sutil, que felicitou a todos os nomeados e reiterou o seu apoio a esta iniciativa da Asociación de Músicos ao Vivo. A Deputación de Pontevedra, a través do seu Delegado de Cultura, Xosé Leal, renovou tamén a súa aposta por este certame que reforza a imaxe de país.

 

Durante o acto presentáronse tamén as primeiras estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala que se celebrará o mércores 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, e onde ademais dos 19 gañadores que sairán desta lista de finalistas, entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo á musicóloga Dorothé Schubarth, “polas súas novidosas achegas metodolóxicas, a súa xenerosidade, a súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres, así como o insuficiente coñecemento do alcance do seu legado por parte da sociedade galega”.


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto