Concerto por Sesé

Este venres 2 de xuño, Chapela acollerá o Concerto por Sesé. Un acto contra a violencia machista que levou a vida desta muller hai uns meses e que, ademais de lle render homenaxe, recollerá fondos para axudar a familia na reconstrución da súa vivenda, totalmente destrozada cando a súa ex-parella decidiu asasinar a Sesé, no enésimo caso de terrorismo machista que sofren as mulleres deste país. Dakidarría, Sés, Zamaramandi e Siniestro Total, pasarán polo escenario nun acto presentado por Isabel Risco. A día de hoxe, 31 de maio de 2017, 58 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista en todo o Estado.

O vindeiro venres 2 de xuño as 21:00h na explanada do pavillón de Chapela teremos o evento solidario “CONCERTO POR SESÉ”. Este evento xorde grazas á colaboración dos amigos e amigas de María José Mateo (asasinada en Chapela pola súa exparella) cun obxetivo común, apoiar os seus fillos non so na reconstrución da casa, tamén no intento de que poidan recuperar as súas vidas cortadas por mor da violencia machista.


Coa colaboración de todas e todos queremos que o concerto sexa un éxito porque é a nosa homenaxe a unha gran muller, solidaria, comprometida e loitadora, non so cos seus, tamén coa sociedade e demostrouno toda a súa vida.

O concerto será presentado por Isabel Risco, e participarán SES (mini show acùstico), Siniestro Total, DAKIDARRÍA (en acústico), e Zamaramandi. Excelentes artistas e persoas solidarias, porque ante situacións como esta soio nos queda a solidariedade.

As entradas podense mercar nos seguintes puntos de venda:


■ Chapela:

- Estanco Melón (Avda. de Vigo 260)

- Kima Bay (Avda. de Vigo 119)

- Taperia O Berete (Avda. de Vigo 186)


■ Redondela:

- Disco Tasca (Rúa Pai Crespo 17)

- Copy, C.B. Redondela(Praza da Constitución 1 Entl. 1º)

- Cal3 Fotografía (Rúa Alfonso XII 10).


■ Vigo:

- BAR PRINCESA (Praza da Constitución 5)

- Honky Tonk Discos (Rúa Falperra 18)

- Discos Elepe (Rúa do Doutor Cadaval 5)

*Existe tamén fila cero, para todas aquelas persoas que non puidendo ir ao concerto queiran colaborar:

ES36 2080 5030 8030 0016 1486


Vitrasa vén de anunciar que haberá un reforzo do servizo, cunha lanzadeira que sairá de Chapela con dirección a Vigo ao remate dos concertos.


HORARIOS

Apertura de portas e taquillas: 20:30h

Concertos: 21:00h

- DAKIDARRÍA (acústico)

- Zamaramandi

- SES (mini show acústico)

- Siniestro Total


+ INFO AQUÍ.


As compañeiras de GalizaContraInfo fixeron este vídeo en apoio ao concerto:


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto