Furgos Fiat para as bandas galegas

Fiateira Motor, concesionario oficial Fiat Professional na Coruña e pertencente ao grupo Pérez Rumbao, pon en funcionamento durante os meses de setembro e outubro a iniciativa de RSC “Fiateira Motor❤Music”. Esta iniciativa pon a disposición de grupos de música de Galicia unha furgoneta Fiat Professional para que poidan acudir e levar o seu equipo aos seus concertos en salas e festivais.

Deste xeito, Fiateira Motor quere axudar a que as bandas poidan amosar a súa arte alá onde o desexen e apoiar o talento musical emerxente de Galicia, cedendo un equipo tan necesario como é o transporte, que adoita resultar custoso para os grupos. Con esta campaña tamén se elaborou merchandising, como chapas e camisetas, que se poderá conseguir a través dun concurso na súa páxina de Facebook. Ata a data, xa puideron subir á furgoneta de “Fiateira Motor❤Music” bandas como Terbutalina, Bala ou Agoraphobia.


Nela puideron acudir a concertos en cidades como Barcelona, Zaragoza ou Valladolid. Fiateira Motor é ademais concesionario oficial das marcas Fiat, Alfa Romeo, Jeep e Abarth. Encóntrase na Coruña, no Polígono da Grela.

Máis información fiateiramotor.com - facebook.com/FiateiraMotor Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Comentarios  

 
0 #1 Bettina 17/11/2017 19:30
I have checked your website and i have found some duplicate content, that's why you don't rank high in google's search results, but there is a tool that can help you to create 100% unique
content, search for: Boorfe's tips unlimited content

My blog post FerdinandSmall: https://Elise055.blogspot.com
Citar
 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto