Festivais

Os galegos Chotokoeu e Gold&Colt; os foráneos Vendetta e La Gran Pegatina. Catro novas formacións súmanse ás xa anunciadas: Soziedad Alkoholika, La Vela Puerca, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Boikot, La Sra. Tomasa, The Skarnivals e Poetarras. En total, unha ducia de bandas galegas, españolas e internacionais pasarán polo escenario do Festival, que converterá a vila de Bueu nunha gran festa a primeira fin de semana de agosto. As entradas están a 29,50€ máis gastos en adiantada.

O 19 de marzo chega a Festa da Chuvia. Interportuaria e diferente, a Festa da Chuvia é unha rareza entre os festivais galegos. A xoldra ármase abordo dun barco que este ano fará porto en Ribeira e Rianxo e no que actuarán Quempallou, A Magnifique Band dos Homes sen Medo ou The Dog Rose. Por 40€ pódeste enrolar e asistir aos concertos no barco ademais de ter comida e bebida abordo. 

A cita festivaleira senlleira do inverno galego xa está aquí. É tempo da Candeloria. 19 e 20 de febreiro, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá a terceira edición deste festival que volverá reunir o mellor do rock galego con grandes nomes da escena estatal, nunha mestura de punk-rock, hip hop e outros estilos na que collen S.A., Zënzar, Zoo ou Poetarras. 

A décimoterceira edición do Festival Taíña terá lugar este vindeiro sábado 6 de febreiro en Goián. Entrada de balde para unha noite na que pasarán polo escenario da praza de Goián os galegos Kill me Truck, os valencianos La Trocamba Matanusca e os catalo-arxentinos Red Ras. Como todos os anos, a cita de Goián abre o calendario festivaleiro galego nun mes no que tamén se celebrará o festival da Candeloria en Lugo os vindeiros 19 e 20 de febreiro.

A pasada edición do Culturgal, que se desenvolveu en Pontevedra entre o 4 e o 6 de decembro, foi o marco escollido para a presentación do Cantos na Maré 2016. Na edición deste ano a guineana Karina Gomes ou a brasileira Thäis Morell traerán as súas músicas até a Galiza. E polo noso país, Uxía e Narf, coas Baladas da Galiza Imaxinaria. A cita será o vindeiro 16 de xaneiro.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.