Festivais

O Festival SonRías Baixas volverá encher Bueu de música e de festivaleiros con ganas de troula os días 4, 5 e 6 de agosto de 2016. A Asociación Troula na Banda anuncia nova edición do certame para a primeira fin de semana de agosto e afirma que xa está mantendo conversas con institucións públicas e privadas, para definir o orzamento e o proxecto.

Á xente máis nova de GZmúsica córrelle a cabeciña máis ca o almanaque. Aproveitando o parón do noso programa de TV, embarcáronse na ruta festivaleira galega para facer esta reportaxe das festas galegas máis poderosas, co apoio do programa Iniciativa Xove da Xunta. Unha olladela á realidade na que vos movedes todas vós... e nós, @s festivaleir@s do país.

Os Jinetes del Trópico son unha banda de recente creación formada por xente de Colectivo Bomba, Millo ou Eskizofrenia entre outros. Están a organizar o seu primeiro festival, totalmente autoproducido, coa axuda do SalaSon de Cangas. A cita é o vindeiro sábado 10, na sala cangueira, con Super Oito, Lost in Life, Millo e os propios Jinetes sobre o escenario.

Xa se coñece a distribución por días das bandas participantes na primeira edición deste evento. Mañá venres 2 de outubro e o sábado 3, pasarán polo recinto das Naves de Ojea na vila do Morrazo un feixe de bandas locais, dez concretamente, de diferentes estilos. Haberá unha barra solidaria con ACNUR, para recadar fondos para os refuxiados.

O festival Reperkusión está a 24 horas de comezar. Durante venres e sábado a música volverá tomar a Cidade dos Muchachos de Bemposta. Asian Dub Foundation Souns System, Dubioza Kolectiv, Dakidarría e Chotokoeu encabezan un cartaz feito, coma sempre, para nos ofrecer bandas cunha clara vocación festeira e potentes directos.

A fin de semana volve ser un fervedoiro de festivais ao longo da Galiza. Revenidas en Vilaxoán, Intercéltico en Moeche,, Armadiña Rock en Combarro,... Unha moi boa alternativa para este sábado é o Festival do Castro. En Pantón levan xa dez edicións deste festi, cun cartaz ben interesante para o seu aniversario. Bótalle unha ollada a todo o que argallou a AC O Castro!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.