Grupos


22 datas até o comezo do verán. Moitos quilómetros para Thee Blind Crows nunha xira que comezou nunha Mardi Gras ateigada o 2 de febreiro e que segue a encher salas alá onde o power trío de Pontevedra leva a súa propostas. Así foi, por exemplo, o pasado 9 de marzo en Málaga. Thee Blind Crows arrasaron o Vermut-O-Rama, como podes ver no vídeo que tes no interior deste artigo.


"Ilegal" é o nome do terceiro álbum dos Rebeliom do Inframundo, banda conformada por Nervo (voz), Frank (voz/produción), Malvares de Moscoso (voz), Movementss (produción) e o seu Ichi (dj).


Cé Orquestra Pantasma falounos do seu novo libro-disco "A Voar", no que conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que mudará a súa vida.
A presentación foi no espazo Deleite dentro do Culturgal.


Con este disco a banda celebra o seu 10º aniversario e presenta a súa nova formación. E por se fora pouco xa se pode reservar un dos cen packs da edición limitada do disco en vinilo vermello, con serigrafía numerada e máis un parche. Así que se aínda non teñades a carta de agasallos escrita, este pode ser un bo comezo.


La Tarrancha celebra o seu 15º aniversario sacando novo disco, “Bailando con llokes”, e argallando unha boa festa para a súa presentación. Este sábado, 22 de decembro, en Xixón, a banda asturiana La Tarrancha, da que puidemos gozar en anos anteriores na nosa terra en festivais como a Festa Folc de Vilariño ou A Rebusca,  dará a coñecer o seu novo traballo nunha festa que promete sorpresas e moita diversión.


O grupo musical Dios Ke Te Crew, un dos referentes musicais galegos dos últimos 15 anos, publicará un novo traballo discográfico na primavera de 2019, tras deixar a súa pegada cos Lp´s “Xénese” (2006) e “Humanose” (2011).

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.