Grupos

Os Estudios Mans organizan o concurso de maquetas "Sonidos Mans" que ten como premio a gravación dun EP de 20 minutos e un concerto nalgún dos festivais que colaboran no concurso, como Revenidas, SonRías Baixas, PortAmérica ou Sin Sal. O prazo para presentarse ao concurso rematou onte venres 28 de abril. A banda punk Zume de Miolo denuncia que foron excluídos do concurso pois o seu tema, Ensalada de h*stias", seica ten unha "linguaxe inapropiada". Comunicado da banda no interior do artigo.

A Gramola Gominola, abandeirados do Kindie Rock nacional, han presentar o vindeiro 1 de abril en Pontevedra o seu novo espectáculo, Cancións para desafinar. A nova proposta ao vivo da Gramola está baseada no libro-disco homónimo que lles vai publicar a Editorial Galaxia este mes de marzo na súa colección Sonárbore. A Gramola volve escoller o Salón do Libro Infantil e Xuvenil para apresentar o traballo, do mesmo xeito que fixera hai 2 anos co seu disco de estrea. Xa sabedes, para a boa música non hai barreiras nin idades así que...TODAS A ROCKEAR COA GRAMOLA GOMINOLA!

O Teatro Principal de Compostela acolleu onte xoves 23 de febreiro a presentación do documentario Apocalipse NAO II. A banda da Estrada íspese nel para nos mostrar o seu perfil persoal, a outra cara dos Nao cando non están enriba do escenario ademais de permitirnos albiscar como foi o proceso de gravación de Soñar e Crear nos estudios Gárate de Andoain con Kaki Arkarazo. O vídeo xa está dispoñíbel na rede.

Onte, mércores 22 de febreiro, as Ezetaerre ceibaron na rede os oito videoclips dos oito temas que compoñen Aspiracións mínimas e urxentes. Nin máis nin menos. Oito trallazos na liña que marcaba a maqueta coa que se deron a coñecer hai apenas un ano, hip-hop de letras e espírito combativo acompañadas de oito fantásticas pezas audiovisuais. Gozade delas!

V e Anx facendo moito ruído. Bala ultiman os detalles do seu segundo disco, Lume, que sairá a finais deste mes. Polo de agora, adiantan un pequeno teaser e as datas dunha intensa xira que as levará presentar o novo traballo por toda a península, con 4 datas en Galiza en abril e maio.


No pasado mes de xullo de 2016 Kin García publicou Xingra coma a area, disco que segue a liña de traballos anteriores e mantén o formato trío, xunto a Jacobo de Miguel no piano e Noli Torres na batería. A súa música

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.