Axenda

Festa do Banquete
From sexta feira 20 maio 2022
To domingo 22 maio 2022
Vistas : 158

O convite que reuniu en torno á mesma mesa a estudantes universitarios, obreiros e artesáns o 2 de marzo de 1856 para reivindicar a igualdade e a liberdade, fica na memoria colectiva coma un dos acontecementos fundacionais do galeguismo.

Tras dous anos de parón motivado pola pandemia, volve a Festa do Banquete á Carballeira de Conxo o 20, 21 e 22 de maio. Entre as actividades a visitar atópase o Mercado de Artesanía que acollerá expositores dos sectores do libro e da artesanía na praza Aurelio Aguirre.

O domingo 22 de maio haberá un Serán da Fraternidade aberto á música e ao baile tradicional, onde podes acudir co teu grupo de música ou baile. Ademais, podes vir vestido de época á Festa do Banquete. Hai obradoiros de deseño de vestiario propio do século XIX (estudante, artesán/ana, obreiro/-a, fidalgo/a, crego...) nos CSCs e cóntase co asesoramento e apoio da Asociación do Traxe Galego.

PROGRAMA
VENRES 20 Maio

O PEQUENO BANQUETE. Actividades para o alumnado dos centros de Santiago de Compostela CEIP Quiroga Palacios, IES Arcebispo Xelmírez II e CPR Santa Apolonia. Carballeira de Conxo.
11:00 Representación teatral a cargo de Os Quinquilláns
12:30 Concerto de Wöyza

17:00 "Coñéceo máis..." Xincana familiar polos Bosque do Banquete de Conxo.
Inscrición a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata completar aforo. Punto de partida: Mosaico do banquete de Conxo

18:30 Obradoiro de baile tradicional "Bailabén", impartido por Gustavo Couto, director de Armadanzas de Laraño. Actividade aberta ao público en xeral sen inscrición previa. Praza de Conxo

19:30 Obradoiro de Cantos de Taberna. CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
20:40 Primeiro canto de taberna. Interior do Psiquiátrico. Taberna.
21:00 Cantos de taberna nos bares do barrio. Coa participación dos grupos Muiñeiros do Sarela, Son de gaita, Can de ghaiteiro e Esfolladores de Illobre.

SÁBADO 21 Maio
Desde as 11:00. Tren do Banquete de Conxo.  
Traslados de balde entre a Alameda, no centro da cidade, e o barrio de Conxo.

10:00 /11:00 Baños do Bosque. Actividade inmersiva no Bosque do Banquete de Conxo. A cargo de "Bosques sin Fronteras". Habilítanse 12 prazas por quenda.
Inscrición por orde de solicitude a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Punto de partida: Carballo do Banquete de Conxo.

12:00 Paseo histórico polo Bosque do Banquete de Conxo de 1856

12:30 Roteiro en castelán e inglés polo Banquete de Conxo

17:00 “A guerra en Ucraína e a paz” Mesa Redonda conducida por Nuria López xornalista da CRTVG. CSC Aurelio Aguirre de Conxo.

19:00 Concerto da Coral do Psiquiátrico de Conxo xunto coa Coral Amigos do Castiñeiriño, o Coro de Habaneras Rocha Forte e o Coro Crecente. Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

20:30 “A Festa da Poesía” . Conducida por Marga Tojo. Coa participación musical de Bratzantifa, Hugo Guezeta, Su Garrido Pombo e as poetas Nuria Vil, Carlos da Aira, Mariña Maceiras. Praza Aurelio Aguirre

Festa do Banquete de Conxo prevista para este domingo, 22 de maio, adiarase para o domingo 29 de maio por mor do mal tempo tal e como vén de informar o Concello de Compostela. Con todo, manterase o Mercado do Libro e da Artesanía na praza Aurelio Aguirre de Conxo que seguirá co horario e actividades previstas tanto o sábado como o domingo. O tren turístico que cobre o percorrido entre a Alameda e o barrio de Conxo tampouco prestará este servizo este domingo 22 de maio, aínda que se mantén o sábado.


DOMINGO 29 Maio
Desde as 11:00. Tren do Banquete de Conxo.  
Traslados de balde entre a Alameda, no centro da cidade, e o barrio de Conxo.

 11:00 “Alá van estudantes e artesáns”. Desfile teatral desde o centro de Santiago (inicio na Praza do Toural) até Conxo.

12:45 Pregón da Festa do Banquete. Praza de Conxo. A cargo de María Dolores Domínguez Santos (Madó) do Castiñeiriño e Iria Portos Conde de Laraño.
13:00 h “Baixamos ao bosque do Banquete” Continuación do desfile teatral até a Carballeira de Conxo. Os Quinquilláns acompañados polo grupo Os Fondaos do Pífaro e diversos colectivos.

13:30 Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago. Carballeira de Conxo

14:15 Recreación teatral do Banquete de Conxo. Os Quinquilláns. Carballeira de Conxo

15:00. Xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños. Carballeira de Conxo

17:00 «O serán da fraternidade». Foliada de música tradicional con Os Fondaos do Pífaro e Muiñeiros do Sarela. Carballeira de Conxo

19:30 Despedida da Festa do Banquete 2022 e convite á seguinte edición.
Discursos a cargo de Os Quinquilláns e pregón de peche a cargo de Suso de Toro



Mercado do Libro e da artesanía. Praza Aurelio Aguirre
SÁBADO 21 Maio
11:00-14:00/17:00-21:30
Xogos populares durante todo o día en horario de mercado.
12:00 Ed. Ir Indo – Presentación do libro Amada Lola, de Elena Comesaña
12:30 Ed. Bululú – Presentación do libro María Casares, la impaciencia de vivir, coas autoras María Canosa e Bea Gregores
13:30 CONCERTO SESIÓN VERMÚ: LOS JINETES DEL TRÓPICO.
17:00 Presentación do libro Una muerte programada, de Ana Otero
17:30 Recital poético da Revista Pantano
18:30 Concerto musical familiar PAXARO AMIGO: MÚSICAS PARA A PAZ de Mamá Cabra.
19:45 Concerto MOMBOI.

DOMINGO 22 Maio
11:00-14:00/17:00-20:30
12:00 Libraría Aenea - Charla coa autora María Eiras e demostración de ilustración sobre o libro En el nombre de la madre. Creación y Luz, de Luís Rodríguez Cao.
17:30 Ed. Ir Indo – Presentación do libro Florencio Delgado Gurriarán, de Tania Pérez e Xosé Ramón Campos
18:00 Ed. Fervenza - Presentación dos libros Os Balbinos e Cen pezas do traxe do Val da Ulla
18:30 Ed. Fervenza - Presentación dos libros Re-Encontros musicais. Homenaxe aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021) e Nas rúas de Compostela.
19:00 Ed. Ir Indo – Presentación do libro Pepa a Loba, de Xosé Lois Ripalda
20:00 Chocolatada.
20:30 Concerto de peche: OS D’ABAIXO.

Lugar: Conxo (Santiago de Compostela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.