Axenda

Festa das Letras
sexta feira 20 maio 2022, 17:00
Vistas : 113
As da Industria celebramos o DÍA DAS LETRAS o vindeiro venres 20 de Maio. Por mor do mal tempo tivemos que mudar a data e algunhas artistas tiñan compromisos para eses días (contaremos con elas para outra) a boa nova é que teremos actuación de ISEO A MOURA 
e a seguir OBRADOIRO COMANDO As Da Industria para crianzas, con Priscila Retamozo.
Poesía: SILVIA PENAS e POMPA E BOATO
Rap improvisado: AMARI, HERMYTANHO, NADIE GONZÁLEZ + convidadas.
O VENRES 20 de Maio, a partir das 17:00h
NO PARQUE GARCÍA PICHER *Onda a rotonda do primeiro guindastre de Barreras) na explanada ao lado do Lidl (antes Toys'R'us)
Levaremos os xogos tradicionais
Haberá postos de bebida e comida. *Tamén alternativa VEGANA!
Acompañaránnos coma noutras ocasións as compañeiras da Semente Vigo. E teremos á venda libros da libraría Versus.

Lugar: Parque García Picher - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.