Axenda

Festas da Madalena
From quinta feira 04 agosto 2022
To terza feira 09 agosto 2022
Vistas : 139

As festas da Madalena do Milladoiro comezan o xoves 4, xornada na que a Concellaría de Deportes instalará uns inchables acuáticos na zona da piscina descuberta do Milladoiro, de 16:30 a 20:30 horas. O primeiro día de festas concluirá coa actuación de Ángel América, un concerto promovido pola comisión de festas do Milladoiro que terá lugar ás 21:30 horas, na Parrillada La Llama, na praza Costa Grande.

O sábado 6 arrincará no Milladoiro cun pasarrúas a cargo de Argalleiros, con vermú nos establecementos Cisne Café, ás 12:45 horas; La Trastienda del 7, ás 13:00, e na cafetería da Casa da Cultura, ás 14:15 horas. Pola tarde, ás 18:30 horas, a praza Manuel Murguía acollerá a semifinal do concurso Canta con Ames, organizado pola Concellaría de Promoción Económica. Para pechar o sábado con verbena, a comisión de festas do Milladoiro ofrece as actuacións da orquestra Xacobeo e da disco móbil Fabrik, na travesía do Porto a partir das 22:00 horas.

O domingo 7 a xornada comezará de novo no Milladoiro cun pasarrúas a cargo de RqR, e con vermú nos locais de hostalaría La Trastienda del 7, ás 12:45 horas; Café Bar Jisma, ás 13:00 horas, e na Parrillada As Brasas, ás 14:15. Ademais, haberá sesión vermú ás 14:00 horas, na travesía do Porto, coa orquestra La Hora Bruja. A música continuará no serán co concerto de MJ Pérez na praza Manuel Murguía, ás 21:00 horas, como parte do programa “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica. A semana rematará con verbena na travesía do Porto, ás 22:00 horas, coa orquestra La Hora Bruja e o grupo Claxxon, programados pola comisión de festas do Milladoiro.

Xa na segunda semana do mes, o luns 8, abrirase a xornada no Milladoiro cun pasarrúas coa charanga Tíralle do Aire, e con vermú na cafetería da Casa da Cultura, ás 12:45; no Café Bar Dublín, ás 13:00 horas, e no Café Bar Jisma, ás 14:15 horas. Pola tarde será a quenda para as crianzas, coa actuación de Cé Orquestra Pantasma na praza Manuel Murguía, ás 19:30 horas, como parte da programación da Concellaría de Promoción Económica “AmesON de verán”. Pechará a xornada unha nova proposta de verbena da comisión de festas do Milladoiro, coa orquestra Los Coleguitas e o grupo Puzzle, a partir das 21:30 horas na travesía do Porto.

Os seis días de festas da Madalena no Milladoiro rematarán o martes 9 de agosto, coa actuación da orquestra Furia Joven na travesía do Porto, ás 22:00 horas, que organiza o Concello de Ames.

Lugar: O Milladoiro, Biduído (Ames)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.