Axenda

XXVIII Alfaroleiros
From cuarta feira 03 agosto 2022
To domingo 07 agosto 2022
Vistas : 77
A XXVIII edición de Alfaroleiros finalizará este domingo. Ata entón, os 22 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá numerosas actividades paralelas.
Para hoxe venres están programadas demostracións de olería, o espectáculo de rúa Trasno ás 20:00 horas e o concerto de Guadi Galego ás 22:00 horas na praza de Esther Pita.
A programación de actividades para a fin de semana é a seguinte:
- Demostración de olería: o sábado, ás 13:00 horas, no parque Luís Seoane.
- Xogos tradicionais “Eira Xandobeleira”: o sábado, ás 18:30 horas, no parque Luís Seoane.
- Demostración de cociña en vivo co cociñeiro Alejandro Ares: o sábado, ás 20:30 horas, no parque Luís Seoane.
- Concerto gREAT sTRAITS: o sábado, ás 22:00 horas, na praza Esther Pita.
- Demostración de cociña en vivo co cociñeiro Alejandro Iglesias: o domingo, ás 13:00 horas, no parque Luís Seoane.
- Obradoiro “A olería nas túas mans”: o domingo, ás 18:30 horas, no parque Luís Seoane
- Xogos tradicionais “Eira Xandobeleira”: o domingo, ás 19:00 horas, no parque Luís Seoane.
- Pasarrúas do Grupo de gaitas Santaia: o domingo, ás 19:30 horas, no parque Luís Seoane.
- Concerto de La Quinkillada: o domingo, ás 21:30 horas, na praza Esther Pita.
Lugar: Parque Luís Seoane - O Porto de Santa Cruz, Liáns (Oleiros)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.