Axenda

HolaNola Fest
From terza feira 20 Setembro 2022
To domingo 25 Setembro 2022
Vistas : 91

A capital galega contará desde este ano cun novo festival, o HOLANOLA FEST, que celebrará a súa primeira edición do 20 ao 25 de setembro a iniciativa do Riquela Club.

Co obxectivo de xerar un lugar de de intercambio cultural entre artistas galegos, flamencos e de Nova Orleans, o festival reunirá dezasete propostas procedentes dos Estados Unidos, Galicia e o resto do Estado. A idea é que o espectador, pero tamén os músicos, teñan un lugar de encontro, atravesado por diferentes achegas culturais, construíndo durante uns días unha comunidade baseada no intercambio de saberes ao redor da música.

Procedentes desa cidade no río Misisipi actuarán o grupo de Kiki Cavazos con Pat Reedy Sundown Songs, o compositor, músico e produtor Duff Thompson coa súa mestura de pop, folk e garaxe rock, a cantautora Gina Leslie, o compositor e forza creativa detrás de Max and the Martians, Max Bien Khan, ou o músico de Nashville Noel McKay. O trío Caldo, Benjamín Vázquez e Sabela King co seu novo proxecto Mallou, Xiao, Cantigas e Agarimos, Carolina Vázquez, Tacón Gitano e Resaca Brothers poranlle acento galego a esta primeira edición na que tamén estarán quen fora cantaor de Paco de Lucía, Rubio de Pruna, e o guitarrista flamenco Keko Baldomero.

Ademais de no Riquela Club, esta edición inaugural desenvolverase noutros locais de Santiago de Compostela, como o Flamingo o Modus Vivendi ou o Fuco Lois. Haberá tamén unha sesión vermú na praza de Feixóo a cargo da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos, e conversas en formato dúo, abertas ao público, conducidas polos xornalistas musicais Fernando Navarro e Jacovo Rivero.
 
O xoves 1 de setembro poranse á venda os abonos a un prezo de 30€ e as entradas por día a 12€, máis gastos. Poderán adquirirse no punto de venda físico da Reixa Tenda, na rúa do Hórreo 46. As entradas restantes unha vez comece o festival estarán dispoñibles na billeteira do Riquela Club a un prezo de 15€ máis gastos. 

Lugar: Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.