Axenda

A Gramola Gominola
sexta feira 23 Setembro 2022, 18:00
Vistas : 61

Continúa o Apego de Ames en setembro co espectáculo musical “O poder da Superlingua”, do grupo A Gramola Gominola. Trátase dunha proposta na que a lingua se converte nunha superheroína, coa que poder cantar, ler, bailar, investigar, xogar ou amar. Será o vindeiro venres 23 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para asistir ao concerto, de balde e dirixido ao público familiar, cómpre inscribirse dende hoxe ata o 22 de setembro, enviando un correo ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas.

Haberá algo que non se poida facer coa Superlingua? É a pregunta que A Gramola Gominola quere resolver co seu espectáculo musical, onde o galego se converte nun superheroe co que poder cantar, ler, bailar, investigar, xogar ou amar.

A Gramola Gominola é unha banda de rock and roll en galego para o público cativo. Formada por Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos), no 2018 levaron o Premio Martin Códax da Música ao mellor grupo de música infantil.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. no que indiquen nome e apelidos das asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que as acompañen. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o xoves 22 de setembro. Non se admitirán inscricións fóra de tempo e as prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.

A programación infantil con Apego de outonode 2022 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

Lugar: Casa da Cultura - Bertamiráns, Ortoño (Ames)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.