Axenda

Falando a Música
sábado 26 novembro 2022, 11:00
Vistas : 49

Este sábado 26 de novembro ás 11.00 h no Auditorio temos un magnífico concerto didáctico de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero.

"Falando a música". Concerto didáctico de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero. Rede de Dinamización Lingüística
Data: 26/11/2022
Hora: 11.00 h
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira
Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade do Auditorio, con preferencia para as familias con nenos e nenas.
Ao rematar haberá regaliños para o público asistente

Afondaremos nunha temática curiosa: a orixe da linguaxe humana. Queres saber que historias contan sobre isto algúns dos nomes dos nosos instrumentos musicais? Pois ven descubrir connosco cal foi a posible orixe da linguaxe humana, que tiveron que ver a música e os instrumentos musicais nela e como este proceso quedou reflectido nos nomes de moitos dos nosos instrumentos musicais.

Na entrada van ter preferencia as familias con nenos e nenas; pero tamén está dirixido a público xeral, quen coñezan a traxectoria de Pablo Carpintero no estudo da música tradicional galega, ben o van entender... É un dos máis recoñecidos especialistas en gaita de Galicia.

Lugar: Auditorio Municipal - Ribeira
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.