Axenda

Paréntese
sábado 02 novembro 2024, 20:00
Vistas : 35

O próximo 2 de novembro no Teatro Colón viviremos unha experiencia única. #Paréntese é un espectáculo no que a música e a literatura se mesturan, protagonizado polxs escritorxs Berta Dávila, Silvia Penas, Samuel Merino, Lucía Aldao, Carlos Meixide, Samuel Solleiro e a cantante Wöyza, que sorprenderán ao público saíndo das súas disciplinas para cantar, interpretar, recitar e conversar igual que pasa arredor dunha mesa na que nacen encontros improbables.
 Baixo a dirección artística e creativa do músico Pablo Novoa e o escritor Diego Giráldez, e conducidxs pola xornalista Susana Pedreira, o escenario no Colón converterase nun punto de encontro do máis peculiar no que, de seguro, non faltarán as sorpresas (nin as risas).
 Sábado 2 de novembro ás 20h no Teatro Colón.
 As entradas, de balde, estarán dispoñibles en ataquilla.com a partir do día 23.
Lugar: Teatro Colón - A Coruña

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.