O vindeiro sábado 2 de novembro ás 21:30 horas, na sala El Contrabajo de Vigo (Rúa Venezuela, 82), SNST e SKIRL darán un concerto cun marcado sabor ao rock dos anos 90.
A banda viguesa SNST pecha a xira do seu terceiro álbum Canciones Maltratadas (2022). Formada en 2007 co nome de ¿Sunset?, experimentou varios cambios na súa formación ata consolidarse en 2019 co seu nome actual. O cuarteto mestura rock alternativo, pop-rock e metal, creando un son potente pero melódico, con letras que tratan temas sociais e emocións persoais.
Por outra banda, Skirl, de Pontevedra, ofrece un estilo grunge/rock alternativo con claras influencias da escena de Seattle, como Alice in Chains e Soundgarden.
Formados en 2011, a banda publicou dous discos: Skirl (2014) e Demolition (2019), mantendo vivo o son característico dos 90 nesta noite de rock nostálxico.
Será unha noite cargada de enerxía e grandes riffs que os amantes do rock alternativo non querrán perder. As entradas estarán dispoñibles en taquilla por 7 euros.
Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia
SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...
Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...
O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...