Axenda

I Festival Salvamontes
From sexta feira 15 novembro 2024
To sábado 16 novembro 2024
Vistas : 67

Os días 15 e 16 de novembro, a sala Rebullón converterase no epicentro da defensa da nosa terra e dos recursos naturais, con todos os beneficios a favor da Plataforma por unha Ulloa Viva.

Este festival nace como unha resposta contundente á ameaza que representan diversos macroproxectos económicos e comerciais que poñen en risco as nosas áreas naturais, coa colaboración da administración autonómica. Entre eles, destacan o proxecto GS360 e a planta de celulosa de Altri en Palas de Rei.

Seis bandas galegas unirán as súas forzas para ofrecer un evento solidario, en previsión da manifestación nacional que terá lugar en decembro en Compostela.

-  Venres 15 de novembro:

TIAM Gz: unha explosión de rap e festa que celebra a nosa cultura con ritmos vibrantes.

Flow do toxo: un grupo feminino de rap reivindicativo que fará eco das voces do rural.

Willow GHZ: un artista emerxente que está dando que falar na escena do hip hop galego.

-  Sábado 16 de novembro:

Leo Arremecághona: unha irreverente mestura de rock e punk, con letras que invitan á reflexión e á risa.

Sun Iou: a nova promesa do rock&roll en galego que non podes perder.

RUXE RUXE: referentes do rock e punk galego que traen toda a súa traxectoria á sala.

 Únete a nós para defender a nosa terra! A música e a natureza agárdanche. Xuntos, podemos preservar os nosos recursos naturais e asegurar un futuro sustentable para Galicia.

 Entrada Anticipada 1 día: 10€ / Abono anticipado 2 días: 15€
 Entrada Billeteira 1 día: 13€ / Abono 18€
 Entradas físicas á venda: Cantina As Pedriñas
 Entrada web: https://vivetix.com/.../entradas-i-festival-salvamontes...

Venres 15 e sábado 16 de novembro

21:00h

Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga

Lugar: Sala Rebullón- Tameiga (Mos)
465069625_1079263554201839_8835896128725762944_n.jpg

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.