Axenda

Momboi + Bisonte
sábado 16 novembro 2024, 21:30
Vistas : 75

Momboi estrea novo tema, Meu Santo, na sala Sónar xunto coa banda asturiana Bisonte

  • Será este sábado 16 de novembro, na Sala Sónar en Santiago de Compostela.

  • As entradas están á venda na plataforma Entradium.

Santiago de Compostela, 11 de novembro, 2024. A banda compostelá Momboi estrea Meu Santo, unha nova receita que mestura ritmos latinos e galegos e que tocará en directo no concerto deste sábado 16, na Sala Sónar, ás 21.30h. Xunto con Momboi tocará a banda asturiana Bisonte. As entradas están dispoñibles na plataforma Entradium.

Momboi é unha das bandas pop-rock máis destacadas do panorama musical galego recente. Gañadores do Premio Martín Códax 2022 á mellor banda de pop polo seu álbum “Vacacións en Ornanda”, no que fusionan o folk-rock cos ritmos latinos e a tradición galega, evocando a Galicia turistificada dos anos 90. Neste concerto presentarán ademais o seu novo single, “Meu santo”, lanzado o pasado mes de outubro.

Pola súa parte, Bisonte é unha banda asturiana de pop rock, que está a piques de estrear novo proxecto despois do éxito do seus últimos traballos. A súa música parte de sons inspirados no estilo americano dos anos 70, con influencias pop rock coas que procuran un son característico propio.

Momboi&Bisonte Cartel.png

AXENDA GZMÚSICA

Creado por Ignacio Heredia, ao que non coñecemos pero estamos moi agradecidos. FONTE: https://github.com/IgnacioHeredia

Xoves, 12 Decembro 2024 22:46

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

Xoves, 05 Decembro 2024 00:57

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

Mércores, 04 Decembro 2024 00:03

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.