Concertos

Ferveron os computadores estas noites aló polos Muíños. Nesa xunqueira onde Vigo deixa de ser Navia para ser Coruxo. Onde o Lagares xa non é máis río porque decide ser mar. Alá montaron un cuartel de inverno os de Borneira Audiovisual. Botáronlle horas e traballo a eito e aquelaron hora e media de resumo do que foi a grande festa do rock galego.

5 de maio. Meson do Bento. Zënzar apresentou Vaise Armar. GZmusica.com estivo presente. E aquí vos deixamos as entrevistas que aló fixemos e parte do concerto dos Zënzar. Graciñas Martín, Adrián, Xián e compaña polo gran traballo...e ti que fas que aínda non lle deches ao play???

NOTA: Se queres ver o vídeo a partir dun minuto deteminado, -sen ter que ver todo desde o comezo-, tes que miralo no google chrome e escoller a opción switch HTML5 debaixo do vídeo á dereita.

As Ataque Escampe celebran os seus dez violentos anos (sic) e van quentando a cousa cun video á altura das circunstancias.

Será este venres 20 de abril na sala Moon de Compostela. Ao longo da semana ampliaremos información!

O Auditorio de Galiza encheuse totalmente para celebrar o 40º aniversario do Grândola, vila morena. Unha outra homenaxe ao Zeca Afonso das moitas que estes días se están a facer no país. Quizais a sobranceira, polo número e calidade dos artistas convidadxs e pola afluencia de público. Máis de mil persoas e o mellor da música galega para homenaxear o cantautor portugués. GZmúsica estivo aló.

Xa vos falamos o outro día do novo traballo dos Quempallou. Esta fin de semana de abril tocaba comezar coa apresentación do novo traballo e o Aturuxo de Bueu foi o lugar escolleito para continuar cunha xira que encetaran o día anterior no Liceum do Porriño. Non se encheu a sala como outras veces para ollar este grupo, -o día non habitual para o Atu e a "competencia" con outros 4 concertos á mesma hora entre Cangas e Bueu non axudaron moito-, mais o ambiente era festeiro. Presentaron tamén o Xornal Quempallou onde GZmúsica puxo o seu graíño de area. 

No interior deste artigo poderás ver algunha foto do concerto.

Íase armar. Xa o avisaran. E armouse de vez. GZmúsica estivo na apresentación do novo traballo de Zënzar, sábado 5 de maio no Mesón do Bento. 3 horas da furia precisa, do encontro coas amizades, do orgullo de levar moitos anos a cuspir letras desde Cerceda. Da satisfacción íntima de se saber queridos pola rapazada toda da comarca de Ordes e fondamente respectados pola parroquia roqueira do país.

Todas as entradas vendidas para o primeiro dos concertos que O Sonoro Maxín vai dar estes días en Ourense. Gzmúsica estivo aló e gravou este video.

Coidado que aínda queima!


Os Mortos en Vida son unha banda da aldea de Liméns, parroquia do Hío, no Morrazo. Se che gusta o punk e o hardcore, hache gustar o son desta formación, que descarga sen piedade trallazos contundentes. A voz e mais a potente base rítmica levan a música dos MeV cara ao hardcore, indubidablemente. Tamén o fai a guitarra cando colle protagonismo, porén actitude, versións interpretadas, etc deixan o pouso punk que lle acaba de dar o selo de identidade á formación.


Unha horas antes de que os Medomedá saísen quentar o ambiente, a nova xa corría pola rede: entradas esgotadas para a presentación de Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. E é que mentres as administracións seguen sen lles facer oco aos grupos do país nas programacións oficiais das festas, a xente resposta de maneira contundente: Heredeiros, aforo esgotado na LP-45 de Ordes, -3500 persoas-. Ruxe Ruxe, todo vendido na Capitol, -750 persoas e moitos na porta sen entrada-. Algo ferve na música galega, que non vos enganen os agoreiros!


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.