Concertos

O sábado 17 de decembro GZmúsica andou pola Pontragha. As Bouba Pandeireteiras apresentaban Vinculeiras, o seu primeiro traballo, e até aló foi Lety GF para nos contar todo o bo que alí houbo. Moita pandeideretada, de nenas, mozas e avoas, coa xente do lugar e vidos da contorna arroupando as Bouba na súa presentación. Aquí vos quedan fotos e unha pequena crónica da man da nosa reporteira.

A primavera veu cargada de concertos no Morrazo. Andamos polos locais que manteñen programación estable -e variada- na bisbarra, ollando moita cousa boa. Xa vos falamos do concerto de Malandrómeda no Labranza e hoxe achegámosvos crónica e fotos do paso da Familia Caamagno polo Salasón de Cangas. 

O pasado 9 de xullo o Centro Social A Tiradoura de Cangas acolleu a presentación da segunda edición do Festival da Liberdade, que terá lugar en outubro tamén no concello morracense. Despois do éxito da edición do 2015 e á espera de que o campo de Montecarrasco volva acoller un feixe de bandazas galegas e estatais, estivemos na veiga da Tiradoura, en Reboredo, gozando coa Compañía do Ruído e Labregxs do Tempo dos Sputniks.

Malandrómeda parou no Morrazo, no Bar Labranza da aldea de Meiro, para presentar os seus dous novos discos. Foi o pasado 18 de marzo e por alí estiveron Lety GF e C. Gende para facer esta crónica. Hip Hop do melloriño da man do Hevi, no micro, acompañado de Xurxo Piñeiro dos Barbitúricos nos controis, para apresentar "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba o seu carallo", 21 novos temas dun dos mellores representes do hip hop galego.

Superoito fixo parada no Hío antes do seu concerto no OurenRock. Foi o pasado 3 de xuño no Carlete, en Vilariño, un novo local a programar música ao vivo na comarca do Morrazo. Non podiamos faltar a un concerto dunha das bandas das que máis gustamos en GZmúsica e menos no bar onde tomamos o vermú algún de nós. Así que baixamos á aldea para velo e aquí vos deixamos crónica e fotos de Lavesedo do concerto.

Hai un par de fins de semana achegámonos a Compostela para irlle á estrea do novo disco da Familia Caamagno, Para unha vez que saímos. Noite de rock e chaquetas vermellas, nunha Capitol con bo ambiente que gozou cos concertos de Cool Funeral primeiro e Familia Caamagno despois. Aquí vos queda unha pequena crónica e unhas fotos do concerto, todo feito por Lavesedo.

Akatz trouxéronnos ritmos xamaicanos desde Euskal Herria o pasado mes de abril. A banda de reggae vasca andou polo Clavicémbalo de Lugo e polo Aturuxo de Bueu. Non podiamos deixar pasar a ocasión de velos tan perto da casa, así que fomos ao concerto no Atu. Aquí vos queda crónica, con fotos e vídeo de Lety GF.

Terbutalina e o Labranza de Meiro. Un concerto dos de Muros no bar máis punk da comarca máis punk do país é cousa de non perderse e até aló foron o Pato e mais o Cachalote para revivir a vigorosa experiencia vivida o ano pasado, no mesmo lugar e cos mesmos protagonistas. Aquí vos quedan un feixiño de fotos e unha pequena crónica do concerto.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.