Concertos

Dakidarría arrancou a xira de celebración dos seus 10 anos de vida, '10 anos na rúa', cun concerto en Vigo, na Sala Máster, o pasado 15 de febreiro. Para a ocasión, convidou a Los Kualkiera e a Liska a compartir escenario. Sala ateigada, con todo vendido en adiantada, e grande ambiente para unha boa noite de punk-rock e ska. Vídeos, crónica e fotos no interior.

O pasado venres 12 de xuño cruzamos o país de sul a norte para nos achegar até o Momento Coruñento, xuntanza argallada no Club do Mar de San Amaro arredor do concerto de Trapallada, Os Diplomáticos e Bastards on Parade. O mellor do rock coruñés xunto nunha xornada emotiva. Camisolas do Dépor, polbo do Fiúza e cántigas a San Amaro e Monte-Alto. Na Coruña de rachí nunha noite máxica.

O pasado sábado 8 de febreiro cruzamos a ría para nos achegar até Vigo. O motivo era a presentación de dúas bandas compostelás que prometían: Os Novos e mais Os Barbituricos. Punk, rock, Samesugas, Ruxe Ruxe, Xenreira,...as referencias de estilos e experiencias dos músicos que compoñen estes 2 tríos apuntaban a nunha noite de bo punk-rock do país. E así foi. Vídeos do concerto no interior.

Apenas unhas horas antes de lles prender lume as cacharelas de San Xoán, A Tuna Rastafari subía de novo a un escenario cangueiro, despois de dous anos de parón. Fixérano un par de días antes, o xoves 20 de xuño, en Vigo. Moi bo concerto, contaban os que alí estiveran, mais a cousa "seria" era a daquela noite. Máis de 2.000 persoas ateigaban o recinto das Naves de Ojea, desexosos de asistir ao retorno dunha das bandas máis populares do Morrazo. GZmúsica estivo tamén alí.

O pasado sábado 18 de xaneiro, o Aturuxo acolleu un dos concertos da xira de presentación de 'Nas tardes escuras', o último traballo de Narf Trío. Electricidade e rock para os versos de Rosalía de Castro, nun cóctel arriscado que remata deixando un gusto exquisito no padal. Crónica, vídeo e fotos da actuación de Narf Trío en Bueu.

O pasado 31 de maio achegámonos até Carballo. Desta volta o evento organizábao a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños. Un xeito ameno de tentar facerse escoitar e achegar a máis xente un grave problema. Un modo de empregar a cultura musical da Galiza para dicir que NON á mina de Corcoesto. Nin recheos nalgunhas rías, nin contaminación e refugallos noutras. Algún queremos (tanto para nós como para os nosos veciños) seguir a respirar aire puro. Xa bastante contaminación temos ao redor debido ao noso ritmo de vida. Non queremos unha contorna cheo de arsénico e cianuro, nin poñer en xogo o sector agrogandeiro da Galiza por unhas poucas quiladas de ouro!!! Se queredes máis información podedes contactar en www.facebook.com/contraminate.

O García Mc anda por Chiapas. Non é a primeira vez que o membro de DKTC visita a Selva Lacandona e de alí trouxo -alén de amizades e músicas como a de Lengua Alerta- o compromiso coa loita dos pobos indíxenas e do EZLN. Unha loita que pode semellar afastada de nós, e por moitos motivos, mais que no fondo é a única que existe. A d@s de abaixo contra os de arriba. Abaixo e a esquerda, aló sitúase de sempre o Mc de Ordes e desde ese mesmo lugar fixo esta crónica. Crónica apresurada dun concerto no patio da prisión, San Cristóbal de las Casas, Chiapas, México.

A banda andaluza Red Soul Community visitou O Morrazo hai uns días. Fomos ollalos até o Aturuxo de Bueu e prestáronnos tanto que lles fixemos unha crónica do concerto. Con ela comezamos unha nova sección na web, na que de cando en vez iremos subindo crónicas de grupos foráneos que pasen polo país. Fotos, vídeos e crónica de Lety GF no interior.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.